|
|
Festas
Locais
CANGAS
 |
Festas del Cristo, o último domingo de Agosto.
|
DARBO
 |
Festas
de San Blas, a principios de Febreiro.
|
 |
Festas de Santa Marta, o último sábado de Xullo.
|
 |
Festas
de San Pedro, a finais de xuño. |
 |
Romería de San Roque, a terceira semana de Agosto.
|
 |
Romería de Darbo, a segunda semana de Setembro.
|
COIRO
 |
Festas
do Espíritu Santo: variable no mes de Xuño.
|
 |
Festas de Santo Domingo, a principios de Agosto.
|
 |
Festas
de San Salvador, o 6 e 7 de Agosto.
|
 |
Festas
de San Cosme, o 26 de Setembro.
|
ALDÁN
 |
Festas
de San Amaro, a mediados de Xaneiro.
|
 |
Festas
de Santa Mariña, o 18 de Xullo.
|
 |
Festas
do Carmen, o último fin de semana de Xullo.
|
HÍO
 |
Festas
do Cristo da Luz, o primeiro domingo de Xullo.
|
 |
Festas de Santiago de
Donón,
o 25 de Xullo. |
 |
Festas
de San Lorenzo, o 10 de Agosto. |
 |
Festas de San Andrés,
o 30 de Novembro. |

Festas
Gastronómicas
 |
Festa do “muiño” en Coiro – primer domingo
de Maio
|
 |
Festa do aguardiente en Hío – fin de
semana anterior ás festas do Cristo da Luz
|

Actividade
Cultural
 |
Certame Carteis de
Entroido- Febreiro. |
 |
Certame Cartas de
Amor- primeira quincena de marzo. |
 |
"Terra de Sons", en
Aldán a mediados de xullo. |
 |
Arte no Morrazo- Do 15 de xuño ó 15 de xullo. |
 |
Feira do Libro -
Mediados de xullo. |
 |
Salón do Cómic-
Terceira semana de xullo. |
 |
Festival Folclórico Internacional de Hío, a
mediados de Agosto. |
 |
Argálica. Mostra de Artesanía, a mediados de
Agosto. |
 |
"Festival Folk de
Vilariño", en Vilariño a mediados de agosto. |
 |
Mostra internacional de Teatro Cómico e Festivo,
a segunda semana de setembro. |

Danzas
Ancestrais/FESTAS DE
INTERESE TURÍSTICO GALEGO
 |
Danza de San Sebastián en Aldán – 20 de Xaneiro.
|
 |
Danza de San Roque en Hío –16 de Agosto.
|
 |
Danza e contradanza de Darbo – 8 de Setembro.
|
Cangas ostenta o privilexo de
conservar unha serie de danzas ancestrais, sen parangón coñecido en
Galicia. Todas elas contan, ó menos, con varios centos de anos de
antigüidade, pero a súa orixe é, seguramente, moito máis remota.
Unha das súas particularidades é que os bailaríns, moi especialmente
as mulleres, lucen traxes de enorme vistosidade, absolutamente
inusuais no folklore galego. Dado que só se celebran unha vez ó ano,
o visitante que teña o bo tino de achegarse á nosa vila nas datas
axeitadas, quedará fondamente impresionado cun espectáculo único i
exclusivo, que nos remite ás raíces máis profundas do noso ser
colectivo.
A
"Danza de San Sebastián" ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán,
coincidindo coa festividade deste Santo. Sabemos que se remonta,
cando menos, a 1650, aínda que podería ser máis antiga. Nela
participan 10 galáns, cinco damas e unha guía. Os varóns van
ataviados cun traxe negro, sombreiro de fieltro e zapatos negros.
Pola súa parte, as mulleres van cos seus vestidos brancos, mantón de
Manila, mandil negro, e panos de distintas cores sobre os ombreiros.
O máis vistoso da súa indumentaria son os espectaculares sombreiros,
adornados con distintos tipos de flores, dos que penden grande
número de cintas de cores.
Os bailaríns esperan no atrio
da igrexa a saída da procesión. Cando esta aparece fan a reverencia,
e posteriormente van danzando diante da comitiva, á que en ningún
momento dan as costas. Unha vez finalizado o percorrido, e antes de
que o Santo se recolla, repiten unha vez máis a coreografía na súa
honra.
A "Danza de San Roque de Hío" ten tamén varios séculos á súas
costas, e celébrase diante do famoso Cruceiro o 16 de agosto. Nela
interveñen unha vintena de homes, pero a súa grande particularidade
é que, divididos os bailaríns en tres fileiras, unha fileira asume o
papel de "damas", mentras que as outras dúas son as de "galáns".
Mentras estes visten de branco, con sombreiro de fieltro e corbata
negra, as "damas" ostentan un curioso uniforme, moi similar o
tradicional atuendo dos que peregrinan a Compostela. Esta é a razón
de que se denomine a este baile "Danza de Pelegríns".
Por último, a "Danza e
Contradanza de Darbo" data como mínimo do século XVI, e pode ser
presenciada cada 8 de setembro, diante da igrexa parroquial. Son 16
os protagonistas, e se organizan en tres fileiras, unha de "damas" e
dúas de "galáns". Cada formación conta co seu propio "contraguía",
mentras que o "guía principal" se distingue de tódolos demáis por
portar un gran penacho de cores. Elas visten fermosos traxes con
rutilantes sombreiros cheos de flores, mentras que os homes portan
estranos atavíos, como aparatosos pendentes de arcaicos deseños.
Esto podería ser unha proba da extraordinaria antigüidade desta
danza secular.

Outras
Festas e Celebracións
Entroido
Semana Santa : Venres dos Dores, Xoves Santo (Procesión da Santa Cea),
Venres Santo (Procesión do Encontro, Escenificación do Desencravo,
Procesión do Santo Enterro, Procesión do Silencio).
Fogueiras de San Xoan.

|