Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

Falta fotoContacto
-Teléfono: 986.30 13 71 Fax: 986 300 954
- Mail: dlocal@cangas.org



Localización

Ver mapa máis grande...

Dirección:
-Eirado do Sinal nº5–2º andar.



 

 

entrada Creación de emprego

PDF35 KB

entrada Búsqueda activa de emprego

PDF126 K


Axudas

Programa de axudas municipais á creación de empresas de economía social e promoción do emprego autónomo

PDFBases

PDFSolicitude

PDFDocumentación esixida

PDFTransferencia

PDFDeclaración actuacións

PDFMemoria xustificativa

 

 

 

Obxecto:

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cangas xurde en decembro de 1999, coma un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico, a creación de emprego, e a formación no ámbito territorial do Concello de Cangas.

Os obxetivos xerais de funcionamento deste servicio son os seguintes:

DESEÑO de actuacións que contribuan ao desenvolvemento do territorio, en base ao estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
DIFUSIÓN das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
INFORMACIÓN sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no ámbito municipal, rexional, nacional e comunitario.
ASESORAMENTO a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
ACOMPAÑAMENTO durante os primeros anos de vida dos proxectos empresariais asesorados dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
PROMOCIÓN do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.
FACILITAR a incorporación á vida laboral dos alumnos procedentes de programas formativos organizados polo Concello , e o público en xeral.

Beneficiarios/as

Os servicios que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local van dirixidos a: desempregados, persoas en activo, tanto por conta propia como por conta allea, empresas, (calquera que sexa a sua personalidade xurídica , asociacións, poboación en xeral .

Funcións

ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES
Consiste en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar, e xestionándolles as mesmas de forma gratuíta.
Este servicio prestase mediante un sistema de cita previa, para adaptarse en maior medida ás necesidades dos usuarios.
As citas podense solicitar persoalmente nas oficinas da Axencia, ou chamando telefónicamente ao número 986.301.371

PROXECTOS CREACIÓN EMPREGO
A creación de postos de traballo a nivel local é básica nunha poboación na que o paro, sobre todo entre os colectivos máis desfavorecidos, mozos, mulleres e parados de longa duración, é importante.
Por ese motivo, dende o Concello, deséñanse unha serie de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos.

PROGRAMAS COOPERACIÓN
Forman parte das medidas de fomento do emprego da Xunta de Galicia, en colaboración cas entidades locais.
A través dos mesmos, lévase a cabo a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servicios de interese xeral e social.
As persoas que participan destos programas de cooperación adquiren unha experiencia profesional co obxeto de mellorar a sua empregabilidade e que poidan acceder con posterioridade, a un posto de traballo estable.

ACTIVIDADES FORMATIVAS DE PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL
Realización de cursos, charlas e seminarios, para difundir as características, particularidades e ventaxas da economía social, buscando a participación activa de empresarios, traballadores e persoas desempregadas.

OUTROS
Dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, deséñanse diversos proxectos de creación de emprego susceptibles de acollerse ás convocatorias que, de xeito puntual poidan xurdir para o financiamento deste tipo de medidas.

 

 

subir

© 2008 Concello de Cangas | Aviso Legal
Avda. de Castelao 2
| T 986300050 | T 986300162

LYc Servicios Informáticos