|
|

Cangas do Morrazo
A
vila de "Cangas do Morrazo", situada no
extremo sudoeste da península do mesmo nome,
en pleno corazón das Rías Baixas galegas,
ofrece ó visitante os seus moitos e variados
atractivos turísticos. Para descubrir toda a
súa riqueza, é necesario darse una volta
polas súas cinco parroquias: Aldán, Darbo, O
Hío, Coiro e Cangas. Hai que tomarse o seu
tiempo e disfrutar duns días na nosa terra,
descubrir as súas xentes e as súas
tradicións, a beleza das súas praias, que
son constantes ó longo de toda a costa, e a
paisaxe, así como a súa rica gastronomía e
un abundante patrimonio.
A parroquia de Aldán, coa súa pequena ría de
augas tranquilas, ofrecenos fermosas praias, e moi cerca, na
parroquia de Hío, conxúganse pequenas calas con grandes arenais,
destacando, ademáis, o fermoso cruceiro barroco, un dos máis
importantes conservados en Galicia. As vistas sobre o mar e as Illas
Cíes dende os acantilados da costa de Soavela e de Cabo Home son
impresionantes...
As parroquias de Darbo e Coiro contan con bonitas igrexas barrocas e
maravillosos paraxes, e xa no centro de Cangas, podemos disfrutar
das típicas casas de patín, da igrexa Ex-Colexiata, do paseo
marítimo...
Tras este agradable percorrido, é obrigatorio facer un alto para
disfrutar da abundante oferta gastronómica, repartida por numerosos
restaurantes e bares, e do elenco de festas populares e
manifestacións culturais que se celebran ó longo do ano, destacando
a Mostra de teatro Cómico e Festivo, Argálica (mostra de artesanía), as
danzas de Dama e Galanes, a Semana Santa... entre outras moitas
celebracións.

Cangas de
Narcea
O
concello de "Cangas
de Narcea" esta situado no sur occidental de Asturias,
"Cangas del Narcea" é un extenso concello no que destaca o seu medio
natural de gran calidade e amplitude, cuberto na sús maior parte de
frondosos bosques autóctonos que configuran bonitos rincóns onde o
viaxeiro ainda pode sentir a natureza no seu estado máis puro; o
bosque de Muniellos, declarado Reserva Natural Integral, é un dos
espacios máiss representativos que alberga a nosa fauna autóctona
como o oso e o urogalo. Por outra parte, o visitante poderá
desenvolver gran variedade de deportes ligados á natureza como o da
caza maior (corzo, xabalín, venado e rebecos) e menor, así como a
pesca de río en calquera das modalidades.

Cangas de
Onís
"Cangas
de Onís" é un compendio de historia, relixiosidade e paisaxe.
Con gran parte do seu territorio dentro do Parque Nacional de Os Picos
de Europa, destaca como unha porta natural de entrada a este macizo
montañoso e punto de partida de numerosas excursións, non so pola
Comarca Oriental Asturiana, senón por todo o Principado. Cangas de Onís
presentase o viaxeiro como unha cidade que combina a perfección o seu
sabor de vila antiga coa animación o o nivel de servicios dunha cidade
moderna. Une a este carácter aberto e acolledor a súa condición de
Santuario Mariano. Non esquezamos que Covadonga foi o inicio de nosa
historia e o centro de chegada durante séculos de peregrinos que , dende
toda Europa, acudían atraídos pola beleza e o recollemento da Cova
Santa.

|