Auditorio Municipal de Cangas |

Contacto
-Teléfonos: 986304108 / 986392036 (billetería.)
- Mail: auditorio@cangas.org
Horario de atención ao público:
De 9:30 a 13:30 horas de Martes a Venres. -
Programación:
http://auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com/
Localización
Ver mapa máis grande...
Dirección:
-Avd. de Lugo, 27 36940 Cangas.
Venda de entradas:
On line
www.servinova.com
Teléfono: 902 504 500.
O día da función
Despacho de billetes do auditorio: dúas horas antes do comezo do espectáculo.
Programación outubro - decembro 2009.
|
Plano de distribución de Butacas:
Plano (96 KB)
Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio; tendo grande repercusión sobre os concellos limítrofes: Moaña e Bueu, o que supón unha área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.
O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galiza.
O volume da construción organízase en dous contedores de escala ben diferenciada; o menor que se interpón entre a sala e a rúa acolle as oficinas de xestión administrativa do propio auditorio e as aulas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola Municipal de Musica “Mestre Inocentes Camaño”.
O contedor maior acolle o auditorio propiamente dito e as dependencias estreitamente relacionadas con el. Conta cun gran vestíbulo principal en dobre altura e percorrido por dúas grandes escaleiras de acceso as distintas entradas das bancadas do anfiteatro. Dispón de almacéns, oficinas administrativas, catro camerinos, dous deles de grandes dimensións, unha magnifica sala de representacións e unha sala de exposicións.
Director: Juan José Pérez Estevez,
Técnico cultural do Concello de Cangas. -
Sala - teatro
O auditorio dispón dunha gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. Ten 402 butacas en platea distribuídas en 13 de 32 butacas cada unha, o que tradúcese nunha proximidade idónea entre público e escena. O anfiteatro e os palcos teñen un total de 288 butacas. O escenario de 17 x 17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura coa súa tremoia correspondente consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.
A capacidade da sala unido, as dimensións do escenario e a excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para deleitarse do teatro a música e a danza.
Plano de distribución de Butacas: Plano (96 KB)
De interese: Revista Galega de Teatro
Sala de exposición
O terceiro andar do edificio acolle unha sala de exposición caracterizada pola influencia da luz natural e das excelentes vistas. Ten forma cuadrangular con dúas paredes dominadas por grandes cristaleiras; presenta unhas dimensións de 1000 m² de superficie e 72 metros lineais de parede acondicionada para colgar obra artística.
Horario de visita: de 17 a 21:30 horas de Martes a Sábado (Domingo e Luns pechado por descanso do persoal.)
Actividade
Dende a súa apertura o auditorio ten dunha programación continua a estable o longo do ano.
Durante o primeiro semestre caracterízase por ofrecer semanalmente, un mínimo dun espectáculo profesional (preferentemente o sábado). Prográmanse ciclos de música, teatro ou danza; dita programación é confeccionada e financiada pola Concellería de Cultura e Educación deste Concello co patrocinio da Rede Galega de Teatros a Auditorios de Galicia (I.G.A.E.M.), e a entidade Caixanova, e conta coa colaboración de diversas entidades culturais do municipio.
Na primeira quincena de xullo o auditorio acolle a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, manifestación cultural de primeiro orde que naceu en 1984 e que se celebra tódolos anos, e xunto coa de Ribadavia son as dúas mostras máis importantes de Galiza. A Mostra ten unha duración mínima dunha semana e o auditorio acolle todos os días unha representación teatral.
Da segunda quincena de xullo a segunda quincena de setembro, como é habitual na maioría dos teatros, redúcese a programación coincidindo co período de vacacións por excelencia, nestes meses a programación perde o seu carácter semanal concentrándose os espectáculos na 2ª quincena de Agosto dando cabida ás principais actuacións culturais das Festas patronais , destacando o Festival de Bandas de Música Populares e o prestixioso festival “CanJazz”.
Durante o mes de outubro, celébrase no Auditorio a Mostra de Danza "Outubro en danza" caracterizada por ofrecer ó público un espectáculo de danza profesional cada sábado do mes, mesturando danza contemporánea, tradicional, danza-teatro....
Durante os meses de novembro e decembro, o auditorio contempla unha programación estable e moi heteroxénea intercalando espectáculos musicais con teatro afeccionado e profesional, maxia, festivais benéficos de caracter popular etc. Destacando pola súa importancia a Mostra de Teatro para Nenas e Nenos na última semana de decembro e os tradicionais concertos de Nadal.
Público
A asistencia de público aos distintos espectáculos programados e moi elevada, e varía en función de cada unha das propostas destacando a afluencia de público á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a Mostra de Teatro para Nenas e Nenos así como espectáculos puntuais de gran renome e prestixio. Anualmente acoden ao auditorio unha media de arredor de 30.000 espectadores.

Plano de escenario
Plano do auditorio (130 KB)
Dotación escénica do auditorio municipal de Cangas
Cámara negra.
Telón negro de fondo de 7 x 14 metros con abertura en medio
5 Pares de patas laterais de 7 X 2,5 metros cada unha
4 Bambolinas de 3 X 10 metros
Telón de boca
Estrutura.
Estrutura escénica soportada por 4 motores de 500 Kg cada un (marca Hitachi) formada por un rectángulo trust cuadrangular Prolyte x30v de 6 X 10 metros con dúas varas móbiles de trust triangular Prolyte x30d de 10 metros cada unha. Así mesmo dispón dunha vara colocada nunha troneira sobre o patio de butacas para a luz frontal.
Equipo de iluminación.
20 Proxectores PC ldr-aria 1000 w., con palas.
6 Proxectores PC Aria 2000w., con palas.
5 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 14º-35º.
4 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 25º-50º. 2 Recortes ETC 750w. 25º-50º.
12 Proxectores tipo par-64. Lente nº5.
12 Proxectores asimétricos 1000w.
48 Canais de Dimmer. Strong. 3000 w por canal con splitter.
Mesa de control de iluminación LT HYDRA Scan Standard, con 250 canles.
12 Mangueiras multiconectoras movibles repartidas pola estrutura, de 7 canles cada unha cun total de 84 circuítos dispoñibles.
Equipo de son.
Mesa de son: SOUNDTRACS TOPAZ 14-4, con 10 canles mono e 2 canles estéreo.
2 Caixas de son ESCENIC de 350w (RMS).
2 Monitores de son ESCENIC de 100w (RMS).
3 Micrófonos con soporte.
1 Reprodutor de CD.

- GALERÍA FOTOGRÁFICA DO AUDITORIO

|