Pódese acceder a el por varios lugares. Primeiro, vindo de Bueu a Cangas pola PO- 551, xusto ó chegar ó Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai dar á ermida de San Cosme. Pouco a pouco adentrámonos na Fraga, pasando pola cascada do río Bouzós, que discorre dende a zona de Ermelo e que agacha numerosos muíños sendo o máis coñecido o de “Fausto”.

Un segundo camiño máis doado é subindo ata a fermosa igrexa de Coiro e colle-la senda que continúa pola parte traseira da mesma. Atravesamos una corredoira en forte pendente que conflúe coa pista principal que ven dende San Cosme. Por alí atoparemos varios cruces de camiños que levan ó monte da Pena, ó da Paralaia ou o de Érmelo.
A proposta é un paseo polo bosque autóctono galego característico destas latitudes. Mellor diríamos, por un dos poucos redutos de bosque caducifolio de considerable interese que aínda perdura no litoral pontevedrés.

fervenza do rio BouzónsA pesar das agresións ás que estivo e segue estando sometido, principalmente talas indiscriminadas e introdución de eucaliptos e piñeiros na zona, no “Carballal de Coiro” podemos disfrutar da beleza e riqueza biolóxica do bosque autóctono en amplitude.
Coa denominación de “Carballal de Coiro” englobamos un área que se exende entre os límites dos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña. O común denominador deste espacio é o bosque autóctono. Expléndidas carballeiras con maior ou menor grao de continuidade estendesen pola fraga de Coiro, montes de Ermelo e Meiro, faldas dos montes Paralaia e alto de Xestoso.
Constitúen as masas boscosas mais interesantes do patrimonio natural da nosa comarca. Este bosque constitúe un dos últimos redutos de vexetación caducifolia que se conservan na costa do sur de Galicia. Cunha superficie aproximada de 365 Ha, está constituído fundamentalmente por carballos, acacias, castiñeiros e abundante sotobosque de loureiros, estripeiros, xilbarbeiras e fentos, repartíndose entre os concellos de Cangas, Bueu e Moaña. Neste espacio natural a árbore dominante é o carballo (Quercus robur). Atopamos tamén especies autóctonas como o castiñeiro, a cerdeira, e outras. Nesta mancha é abundante a coñecida falsa acacia (Robinia pseudo acacia) e os Loureiros, sanguiños, estripeiros, … son algúns dos arbustos que forman parte do sotobosque. Declarado Espacio Natural Protexido polos seus valores ecolóxicos, paisaxísticos e recreativos, o igual que Cabo Home e Barra

Un aspecto a destacar consiste en que o carballal actúa como captador e reservorio de auga nunha comarca onde escasea este recurso. Aparte doutros regatos que discorren pola serra, aquí ten o seu nacemento o río Bouzós, con auga durante todo o ano, que rega o fértil val de Coiro. Por outra parte, o bosque alberga unha interesante comunidade de vertebrados dependente da vexetación caducifolia, xa desaparecida nas inmediacións.

O Carballal de Coiro