Centro de Información á Muller |
Contacto
-Teléfonos 986 39 22 68 / Fax: 986 30 36 96
- Mail: cim@cangas.org
Horario de atención ó público:
Para solicitar calquera información ou cita previa, o Centro de Información á Muller do Concello de Cangas ten o seu horario de atención os luns de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 19:00 e de martes a venres de 9:00 a 14:00 no Centro Municipal de Benestar Social.
Localización
Ver mapa máis grande...
Dirección:
Rúa Andalucía, 3. 36940 Cangas
O CIM de Cangas é un servicio encargado de informar sobre recursos dispoñibles na comunidade, sobre cursos, xornadas, conferencias, estudios en materia de igualdade de oportunidades, así como de sensibilizar á cidadanía na importancia da existencia dunha igualdade real entre mulleres e homes.
Entre as accións que se levan a cabo están o fomento do asociacionismo feminino, a promoción da participación das mulleres na vida social, cultural, de formación, de emprego... e a denuncia da necesidade da prevención e erradicación da violencia de xénero.
- PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN
Programa de Asesoramento Xurídico:
Está dispoñible os mércores de 16:30 a 19:30 da tarde e os venres de 10:30 a 13:30, e nel ofrécese información, orientación e asistencia profesional no campo xurídico, de modo que a muller poida considerar tódalas posibilidades de actuación antes de adoptar unha decisión.
Programa de Asesoramento Psicolóxico
D
esenvólvese os lúns de 16:00 a 19:00 da tarde e os mércores de 10:30 a 13:30, e nel fanse as valoracións da necesidade dunha atención terapeútica personalizada e adaptada ás problemáticas das mulleres que demandan este servicio.
Para acceder a estes programas é recomendable pedir unha cita previa para unha mellor coordinación e para garantir unha atención de calidade e nas mellores condicións. Os casos que se presenten cunha temática de violencia de xénero, pola súa gravidade, serán atendidos no momento en que contacten co CIM.
Para solicitar calquera información ou cita previa, o Centro de Información á Muller do Concello de Cangas ten o seu horario de atención os luns de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 19:00 e de martes a venres de 9:00 a 14:00 no Centro Municipal de Benestar Social.

|