|
::
Rueiro de Cangas

O Concello de Cangas do Morrazo
está situado no extremo sudoeste da península do mesmo nome, en
pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as rías de Vigo e
Pontevedra e flanqueado polas Illas Cíes e Ons. Para descubrir toda
a súa riqueza, compre dar unha volta polas súas cinco parroquias:
Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Cangas. Hai que tomarse un tempo e gozar
duns días na nosa terra, descubrir as súas xentes e as súas
tradicións, a beleza das praias e da paisaxe, a rica gastronomía e o abondoso patrimonio histórico artístico.
Cangas goza dun clima
excepcional de tipo oceánico, húmido, con invernos moi suaves e
veráns secos e cálidos. Testemuño do anterior é a temperatura media
anual que acada os 16º C; sendo a temperatura media en xaneiro entre
10 e 12º C, e nos meses de verán entre 20 e 22º.
Cangas atópase perfectamente
comunicada por medio de vías terrestres, marítimas e aéreas. Por
estrada a vía de comunicación máis importante é a
PO-551 que
comunica a comarca coa vertiente da Ría de Vigo e Pontevedra.
No seu
percorrido pasa polas vilas de Moaña, Bueu e Marín. Dende Vigo pola
autoestrada do Atlántico, A-9, cruzando pola Ponte de Rande.
As
estacións de autobuses de Vigo e Pontevedra teñen servicios
regulares.
Moi recomendable resulta a travesía en barco que nos permite ter
unha panorámica da Ría de Vigo e as vilas que como Cangas se asoman
ó seu mar. Os barcos entre Vigo e Cangas saen cada media hora en
ambas direccións, o tempo da viaxe é duns vinte minutos. No verán
hai servicio ás Illas Cíes.
Aeroportos próximos son
o de Peinador en Vigo a 30 Km, e o de Lavacolla en Santiago de
Compostela a 75 Km. Ambos conectados directamente coa Autoestrada do
Atlántico.
Aeroporto de Peinador. Telf: 986 268 200
Aeroporto de Lavacolla. Telf: 981 547 500
Dende as estacións de
ferrocarril de Vigo e Pontevedra, distantes uns 25 Km, hai boa
conexión cos autobuses que levan a Cangas. |