|
|
PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS
ILLAS ATLÁNTICAS
"ILLAS
CÍES"
As Illas Cíes no centro das Rías Baixas, foron
declaradas coas de Ons, Sálvora e Cortegada, Parque
Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. O
arquipélago componse das illas de Monteagudo, Faro e San
Martiño, combina tranquilas praias, agrestes cantís e
grandes piñeirais. Acubilla unha das maiores colonias de
aves mariñas do continente e a súa flora componse de
especies protexidas, propias de zonas de cantís e dunas.
Cangas ven de reivindicar baseándose no seu pasado
histórico as Illas Cíes coma parte do seu territorio
municipal.
É posible acceder a elas nos barcos que zarpan
regularmente do noso porto e coñecer in situ este
precioso lugar. A empresa que fai o servicio é “Naviera
Mar de Ons”. A tempada regular de visitas é de xuño a
setembro, aínda que se o tempo é bo, é posible telefonar
á empresa para contratar unha visita organizada.
As illas Cíes son como tres preciosas perlas, un
delicioso enclave paradisíaco en pleno corazón das Rías
Baixas. As súas impresionantes moles graníticas veñen a
se-lo eterno gardián, que durante millóns de anos ten
resgardado á ría de Vigo das olas embravecidas do Océano
Atlántico. Pero ademáis de prodixioso rompeondas
natural, este archipiélago ten as súas costas unha longa
Historia de séculos, que forxaron gran parte da súa
lenda.
Moitos eruditos quixeron ver nelas as míticas Illas
Karistérides, a onde gregos e fenicios terían arribado
hai miles de anos, para obter o apreciado estaño
procedente dos ricos xacementos galegos. Máis tarde,
árabes e viquingos visitáronas asiduamente, utilizándoas
como refuxio seguro para saquea-las nosas costas. Dende
o S. XVI, foron os piratas ingleses, franceses ou
holandeses quen tomaron o relevo. O propio Francis Drake,
o máis famoso corsario de tódolos tempos, desembarcou
nelas parte das súas tropas para arrasa-lo mosteiro
benedictino de San Estevo. I en 1617, fondeou fronte ás
súas costas unha expedición turca, tristemente célebre,
que días máis tarde habería de asaltar e destrui-la nosa
vila. Naquela época, as Cíes dependían
xurisdiccionalmente de Cangas, e aínda a fins do S. XIX
e comenzos do S. XX, cando éstas xa tiñan pasado a
depender administrativamente do concello de Vigo, foron
repobladas por numerosos veciños procedentes do noso
térmo municipal e de outros lugares do Morrazo.
Hoxe en día, Cangas segue sendo a terra firme máis próxima a estas
illas de ensoño. É por isto que dende Cabo Home ou dende o Monte do
Facho, podemos admirar en toda a súa plenitude a beleza salvaxe dos
seus enormes promontorios rocosos. Pero tamén é posible acceder a
elas nos barcos que saen regularmente do noso porto, ó longo de todo
o verán, e coñecer “in situ” este precioso paraxe declarado Parque
Nacional das Illas Atlánticas.
O arquipélago das Cíes está composto pola illa de Monteagudo, que é
a de maior tamaño, a del Faro e a illa de San Martiño, ocupando en
total unha superficie de 434 hectáreas. O seu valor paisaxístico é
impresionante, pero non é menor o seu interese como importantísima
reserva biolóxica e xeolóxica. Ante todo, alberga unha das maiores
colonias de aves mariñas do continente. Das especies nidificantes,
as máis abundantes son a gaivota pati-amarela e a gaivota arxéntea,
mentras o cormorán moñudo conta coa concentración máis nutrida de
todo o sudoeste europeo. Constitúe ademáis un dos últimos lugares da
Península Ibérica onde se pode contemplar, todavía, o arao común. En
canto ás invernantes, ou de paso, hai que citar ó colimbo ártico, a
pardela pichoneta, o alcatraz e o cormorán grande. Polo que respecta
á flora, destacan a "armeria pugens” e a camariña. A “corema album”
moi abundante en outros tempos, atópase hoxe ameazada, polo que é
obxeto de especial protección.
Pero as Cíes dispoñen tamén de auténticas praias de bandeira, de
calidade insuperable. Dúas das illas están unidas de forma natural
pola fermosísima cuncha de Rodas, que separa á súa vez do mar ó
coñecido como “Lago dos Nenos”. Outros preciosos areais de finísima
area son, entre outros, os de Figueiras e San Martiño. O resto da
costa, moi escarpada, asombra ó visitante polos seus poderosos e
abruptos cantís, que se alzan dende o mar hata alcanzar os 197
metros no Alto de Cíes, de excepcionais vistas. A furia das ondas,
na súa parte occidental, foi erosionando o litoral ata crear
asombrosos buratos coñecidos como “furnas” ou “covas””, algunhas moi
coñecidas, como a “Furna dos Cabalos” ou a “Furna do Inferno”. Nas
proximidades do Monte Faro, chámanos poderosamente a atención “A
Campana”, un penedo admirablemente furado pola forza combinada do
mar e o vento. Moi preto de aquí, acercándonos ás rochas
impenitentemente golpeadas polo bravo Océano, chegaremos o
observatorio de aves, un lugar sen dúbeda privilexiado para
deleitarnos con toda a belleza agreste e indómita das illas Cíes.
|