|

Contacto
-Teléfono: 986392023
- Mail: turismo@cangas.org
Formulario de contacto
Descubrindo Cangas
O Concello de Cangas do Morrazo está situado no extremo sudoeste da península do mesmo nome, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as rías de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas Illas Cíes e Ons.
Contamos con trinta e oito praias, máis non é da cantidade do que nos gabamos senón da calidade. As de Cangas son praias dun branco inmaculado e areas finísimas, recoñecidas moitas delas co distintivo da Bandeira Azul.
Xunto a calidade e cantidade, non podemos deixar de citar a diversidade que lle confire estar asomado a dúas rías, cada unha coa súa propia e marcada pérsonalidade.
.
Carballeiras, anquiquisimos santuarios, un riquisimo patrominio relixioso e etnográfico, a Semana Santa, as rutas turísticas , as danzas ancestrais , a gastronomia e a hostelería, etc.. fan de Cangas un Concello que está " A MAR DE BEN", como dice a lenda do logotipo do Organismo Autónomo de Turismo de Cangas
Cangas atópase perfectamente comunicada por medio de vías terrestres, marítimas e aéreas. Por estrada a vía de comunicación máis importante é a CG4.1 que comunica a comarca coa autoestrada A9.
Unha alternativa é a N-551, que fai o mesmo percorrido, bordeando a costa.
Para descubrir toda a súa riqueza, compre dar unha volta polas súas cinco parroquias: Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Cangas.
Oficinas de Información Turística:
Localizacion:
Nas oficinas dada O.A.T.C. ( Preto da excolexiata)
Rúa Benigno Soage, 5.
Cangas
Teléfono: 986392023
Horario de atención ao público: De luns a venres de 08:30 a 14:30h.
Na estación Marítima:
Estación Marítima S/N
Teléfono: 986300875
Horario de atención ao público:Todos os días de 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00
Ver mapa máis grande..
.
Organismo Autónomo de Turismo de Cangas
Obxeto do Organismo Autónomo de Turismo
|

Oficinas Organismo Autónomo de Turismo
|

Información turística, estación marítima. |
O Organismo Autónomo Municipal de Turismo de Cangas, inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas non regulamentadas, dentro do apartado -n- do anexo II do Decreto 82/1987 do 26 de marzo, é unha institución encargada de promover, fomentar e impulsar o turismo do municipio mediante distintas accións.
|
|







|