|

Presentación
A casa da xuventude de Cangas está ao teu dispor para dar resposta a todas esas demandas de xóvenes, que coma ti, pedides un lugar dende onde se traballe por e para a xuventude. Representa un punto de encontro, formación e asesoramento para a mocidade e un lugar exclusivo para que se desenvolvan os proxectos e ideas da xuventude, ademais de permitir un achegamento directo ás novas tecnoloxías.
Que é?
A Casa da Xuventude é un servizo do Concello de Cangas a través da súa Concellería de Xuventude e Voluntariado, dirixida a xóvenes de entre 5 e 35 anos.
O seu obxectivo principal é o de ofrecer á mocidade recursos e programas, atendendo principalmente as vosas necesidades formativas, informáticas e de lecer.
Todo isto, sempre coa participación de toda a mocidade da vila, sendo sen dúbida, esta a nosa fin, pois unicamente xuntos poderemos chegar a converter a Casa da Xuventude nun lugar de encontro, participación e promoción da xuventude.
Onde está?
A Casa da Xuventude atópase na Rúa Real, no edificio do antigo Concello, xusto en fronte da igrexa.
Pódeste por en contacto con nos de moito xeitos:
- Por teléfono: chamando ao número 986 392 171
- Por fax: enviádoo ao número 986 392 171
- Por SMS: enviando a palabra “xuventude” ao número
- Por correo eléctrónico: envíando un mail a xuventude@cangas.org.
- Por correo postal: envíando unha carta ao enderezo “Casa da xuventude”, rúa Real 29, 36940, Cangas, Pontevedra.
Ver mapa más grande
O noso horario de verán é de luns a venres de 09:00 a 14:00 h., aínda que no inverno tamén podes vir de 17:00 a 20:00 h. e os sábados de 11:00 a 13:00 h.
Que podes atopar?
Oficina de información xuvenil (OMIX)
Poderás recibir información sobre:
- Becas, estudos, carnés desconto, traballos no estranxeiro.
- Axudas, subvencións, premios, certames.
- Cursos, xornadas, seminarios, conferencias.
- Convocatorias vixentes e por suposto tódalas actividades que dende a Concellería se organicen ao longo do ano.
Tamén contarás cun servizo de asesoramento personalizado en materias de interese como o emprego, estudos, vivenda ou asociacionismo xuvenil.
Asimesmo terás acceso a servizos adicionais como:
- Tramitación do Carné Xove > 30
- Tramitación do Carné de Alberguista, en tódalas súas modalidades.
- Tramitación de outros carnés como Teacher e ISIC.
- Información e tramitación de programas que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude.
- A consulta da prensa diaria e outras publicacións relacionadas con temas de interese xuvenil.
Área de dinamización
É a encargada da programación das diversas actividades, exposicións, certames, charlas, obradoiros ou concertos que ao longo do ano se van desenvolvendo, melloradas e actualizadas aos vosos gustos e necesidades ano tras ano. Os campamentos de verán, o Salón do Cómic ou o Son de Cangas, son só algúns exemplos das actividades nas que ti podes participar.
Área de medios
Trátese dun servizo de balde adicado ao uso e coñecemento das novas tecnoloxías que pon á túa disposición o acceso a Internet e outros servizos ofimáticos:
- Consulta de prensa: poderás consultar os principais xornais de tirada local e nacional (El Pais, Xornal de Galicia, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e A Comarca entre outras publicacións)
- Acceso a Internet durante unha hora diaria.
- Correo electrónico: dende calquera ordenador da sala poderás enviar ou recibir correo web.
- Servizos ofimáticos: tódolos ordenadores contan con programas de tratamento de texto, follas de cálculo, bases de datos, etc.
- Gravación e impresión de arquivos e documentos.
- Guía de recursos: para acceder máis sinxelamente á información que precisas.
- Organización de actividades de formación encamiñadas á mocidade, coa fin de que se coñezan as utilidades da Internet e o uso da información electrónica.
- Para poder ter acceso a estas prestacións só tes que solicitar o CiberXove
Oficina municipal de voluntariado
Este servizo nace coa vocación de ofertar ao voluntariado a posibilidade de satisfacer as súas inquedanzas e participar activamente no seu entorno sociocultural. Así mesmo, ábrese unha vía de colaboración coas asociacións locais que realizan actividades de ben común, e que poden completar e mellorar a súa oferta de actuación social grazas á solidariedade destas persoas.
Fundación Cangas Deporte
O seu obxectivo principal e o de promover e fomentar a práctica do deporte, para o cal contan cunha ampla organización de actividades deportivas ao longo do ano. Toda información que precises sobre o deporte local poderás atopala aquí.
Sala de usos múltiples
Un espazo creado especialmente para as túas reunións, conferencias, charlas, proxeccións e acondicionada para que fagas as túas exposicións.
Ludoteca.
Trátase dunha sala onde os cativo entre 5 e 12 anos poden disfrutar e aprender, realizando diferentes actividades como son:
- Animación á lectura
- Xogos de mesa
- Xogos de animación
- Contacontos
- Obradoiros
- Exposicións
- Mediateca
- Proxeccións
- Xogos Tradicionais
- Creatividade
- Expresión Corporal
- Reciclaxe
- Biblioteca infantil
Sala de obradoiros
Alberga cursos e obradoiros propios (organizados dende a Concellería de Xuventude e Voluntariado) e externos, xa que se cede, en ocasións, a outros organismos cando o solicitan.
Agora xa coñeces a Casa da Xuventude e os servizos que ofrece, tan só nos queda animarte a que nos coñezas.
   ACHÉGATE!
|








|