|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Concello de Cangas do Morrazo está situado no extremo sudoeste da península do mesmo nome, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as rías de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas Illas Cíes e Ons.
Cangas atópase perfectamente comunicada por medio de vías terrestres, marítimas e aéreas. Por estrada a vía de comunicación máis importante é a CG4.1 que comunica a comarca coa autoestrada A9. Moi recomendable resulta a travesía en barco que nos permite ter unha panorámica da Ría de Vigo e as vilas que como Cangas se asoman ó seu mar. Os barcos entre Vigo e Cangas saen cada media hora en ambas direccións, o tempo da viaxe é duns vinte minutos. No verán hai servicio ás Illas Cíes
Para descubrir toda a súa riqueza, compre dar unha volta polas súas cinco parroquias: Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Cangas. Distancias: Clima Cangas goza dun clima excepcional de tipo oceánico, húmido, con invernos moi suaves e veráns secos e cálidos. Testemuño do anterior é a temperatura media anual que acada os 16º C; sendo a temperatura media en xaneiro entre 10 e 12º C, e nos meses de verán entre 20 e 22º. Posicion GPS (centro de Cangas) Ver mapa máis grande Aeroportos próximos son o de Peinador en Vigo a 33 Km, e o de Lavacolla en Santiago de Compostela a 75 Km. Ambos conectados directamente coa Autoestrada do Atlántico. Aeroporto de Peinador. Telf: 986 268 200 Aeroporto de Lavacolla. Telf: 981 547 500
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||