Lugares con encanto en Cangas


entrada O Carballal de Coiro entrada O Frendoal
entrada Santuario do deus Berobreo no Facho entrada Conxunto munumental de Hio

O Carballal de Coiro

Ver mapa máis grande

Este Carballal, situado na parroquia de Coiro, representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galicia.
Ten un gran valor para esta comarca pola súa función de captador e manantial de auga.

Pódese acceder a el por varios lugares. Primeiro, vindo de Bueu a Cangas pola PO- 551, xusto ao chegar ao Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai dar á ermida de San Cosme. Pouco a pouco adentrámonos na Fraga, pasando pola cascada do río Bouzós, que discorre dende a zona de Ermelo e que agacha numerosos muíños sendo o máis coñecido o de “Fausto”.
Un segundo camiño máis doado é subindo ata a fermosa igrexa de Coiro e coller a senda que continúa pola parte traseira da mesma. Atravesamos una corredoira en forte pendente que conflúe coa pista principal que ven dende San Cosme. Por alí atoparemos varios cruces de camiños que levan ao monte da Pena, ao da Paralaia ou ao de Érmelo.

Neste espacio natural a árbore dominante é o carballo (Quercus robur). Atopamos tamén especies autóctonas como o castiñeiro, a cerdeira, e outras. Nesta mancha é abundante a coñecida falsa acacia (Robinia pseudo acacia) e os Loureiros, sanguiños, estripeiros, … son algúns dos arbustos que forman parte do sotobosque. Declarado Espacio Natural Protexido polos seus valores ecolóxicos, paisaxísticos e recreativos, ao igual que Cabo Home e Barra, este Carballal conta cunha superficie aproximada de 365 hectáreas localizadas nos lindes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña

 

Carballal de Coiro
Carballal de Coiro
Muiño de Fausto
Muiño de Fausto
Fervenza en Coiro
Fervenza no carballal de Coiro
Carballal de Coiro
Carballal de Coiro

subir

 

 

 

O Frendoal en Aldán

FINCA DO FRENDOAL

A Casa Torre de Aldán pertencente aos Condes de Canalexas, grandes terratenentes da Comarca, contaba cunha das extensións máis amplas e fermosas da Península do Morrazo. Situada no corazón da parroquia de Aldán, a finca contaba con estructuras arquitectónicas de gran valor artístico e monumental, e era empregada pola familia e os seus achegados como lugar de descanso e lecer, para practica-los seus deportes favoritos, entre eles a caza. Ata fai pouco, o poder disfrutar destes paraxes, era cousa dun grupo reducido, dado que se trataba dunha propiedade privada. Esta condición cambiou ó pasar a Finca do Frendoal, popularmente coñecida como O Bosque Encantado, a disposición do Concello de Cangas, que a recuperou e acondicionou para que poida ser admirada por veciños e turistas.

"Xardíns Históricos"
Trátase duns xardíns que se atopaban na zona de recreo e descanso da Casa Condal, empregados ademáis como bosque para a caza. Orixinariamente unidos á finca do Pazo - Torre de Aldán, a principios do século XX, quedaron separados polo trazado da actual PO - 315. Cabe sinalar a súa vexetación entre a que podemos atopar magníficos exemplos de carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e algunhas especies introducidas polos condes como son as píceas, o que permite que poidamos revivir a época no seu máximo esplendor.

"Acueducto elevado de O Frendoal" (Ou Arco da Condesa)
Situado nunha marxe da PO – 315. Pertenceu á Casa Torre de Aldán. Trátase dunha antiga canalización de auga que ía dende unha lonxana mina, situada na zona máis elevada do Frendoal, ata o Pazo. Para salvar o desnivel construíronse dous amplos arcos, un dos cales se eliminou ao facer o actual trazado da estrada que vai a Bueu, sendo o seu percorrido subterráneo. O outro arco aínda se conserva dentro da finca, por debaixo do cal pasa o sendeiro que percorre o parque. Poderíase dicir que o actual acueducto é medieval, pero si nos remontamos á súa orixe cabería sinalar que se sitúa na época romana, esto está evidenciado dado que os conductos do mesmo desembocan no que se presume eran as antigas pilas da factoría de salgazón que os románs tiñan nos baixos da actual Torre de Aldán. Dita actividade, requiría unha gran cantidade de auga, que sería subministrada por unhas conduccións previas ó actual acueducto. Máis tarde, xa restaurado polo Conde, a auga que viña das minas e que pasaba polo Arco, era utilizada para o regadío das súas terras. O sistema foi empregado ata os anos 70, quedando completamente obsoleto co paso de tempo. Actualmente o acueducto non leva auga e só queda a pegada da época dourada anterior.

Por outro lado, dentro deste entorno non podemos deixar de sinalar os complementos con estructura de fábrica, que nos iremos atopando no camiño:
"Pequeno castelo con fosa e ponte levadiza". A súa construcción iniciouse nos anos sesenta como zona de descanso para os condes, pero quedou sen rematar. Na actualidade conserva a súa estructura orixinal. Campo de croquet. Situado fronte a fachada principal do castelo, foi utilizado durante os anos 60 e 70. Bancos de descanso. Paseo bordeado de castiñeiros. Donde os veciños da vila aproveitan a visita en outono para recoller as castañas.

Frendoal
O Castelo de O Frendoal
Frendoal
Acueducto de O Frendoal
Frendoal
Sendeiro en O Frendoal
Frendoal
Campo de criquet en O Frendoal

subir

 

 

Santuario do deus Berobreo no Facho, en Donón

Ver mapa máis grande

No extremo occidental da Península do Morrazo, individualizado do seu contorno e elevado sobre o Océano, o Monte do Facho acolleu ao longo de séculos distintas expresións da vida na comarca, que o son tamén da Historia de Galicia.

En primeiro lugar, desde o século X A.C. ata o século VII A.C., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño. A partir do século VI a.C. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construcción mesma do poboado como da configuración natural.

Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen vivira no castro para dotalas, ao longo dos séculos II ó IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixiancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.

Apareceron 161 altares, no que fai casei dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobreo cumio do monte.

O Facho
Monte de O Facho

O facho
Monte de O Facho
O Facho
Monte de O Facho- (Poboado)
O Facho
Monte de O Facho- (Garita de Vixianza)

subir

 

 

 

O Conxunto Monumental do Hio - Cruceiro de Hio


Ver mapa máis grande

Pola estrada de Cangas a Bueu, antes de chegar a Aldán, desviamonos a esquerda por un cruce que pon Hio e seguimos as indicacións da igrexa de O Hío.

San Andrés de Hío é unha igrexa moi interesante pola súa antigüidade. A igrexa é un compendio de moitos e variados estilos resultado das alteracións e modificacións que sufriu ao longo da súa historia. Do Románico mantén a decoración da fachada, os canalóns do tellado e a súa planta de cruz latina. O interior presenta bóvedas de aresta góticas combinadas coas barrocas de casetóns- no cruceiro e na capela maior- que nos recordan a San Martín Pinario en Santiago de Compostela. 

A súa orixe románico pode descubrirse aínda hoxe na súa portada. Presenta unha estrutura abucinada que se acentúa mediante dúas arquivoltas de medio punto de dobre bocel apoiadas nunha imposta. Os capiteis son de decoración vexetal excepto un con talla de lazos. Os fustes das columnas son lisos, con bases toscanas. A arquivolta exterior, que pecha o conxunto, ten forma de banda de pequenos boceles con decoración de billetes en aresta.

O tímpano centra todo o noso interese tendo en conta o motivo representado: a X de Xristus. A ambos os dous lados desta, figuras de nenos sostendo un libro ou instrumentos.

Os motivos dos canalóns son idénticos aos de Santa María de Cela.

A Igrexa de Hío é importantísima polo seu famoso cruceiro, obra do mestre Cerviño. O cruceiro, como sinala Hipólito de San Bravo, é un poema de teoloxía escrito en pedra.

É, quizá, o cruceiro máis importante dos que se conservan en Galicia. A orixinalidade e grandeza da obra é patente para o visitante.

De finais do século XIX (1872), a escultura é marcadamente barroca polo aire teatral que lle imprime aos seus conxuntos o autor.

Hio
Detalle del desencravo no capitel
Hio
Detalle do fuste do Cruceiro
Hio
Vista do Igresario do Hio
Hio
Detalle da igrexa

subir

 

 

 

© 2008 Concello de Cangas | Aviso Legal
Avda. de Castelao 2
| T 986300050 | T 986300162

LYc Servicios Informáticos