O. M. de Información ao Consumidor

falta foto

Contacto
-Teléfonos:986 30 34 02 / Fax: 986 30 48 50
- Mail: auditorio@cangas.org

Horario de atención ó público:
De lúns a venres de 09.00 h a 14.00 horas

 

 

Localización

Ver mapa máis grande...

Dirección:

Rúa Andalucía, 3. 36940 Cangas

 

 

 

 

 




 

  • ACTIVIDADES

entrada Atención ao público

AOMIC dedícase a recibir consultas, denuncias e reclamacións por parte dos consumidores e usuarios e, se procede, tramítanse aos Organismos Competentes en materia de consumo.
Extraordinariamente informase a través da prensa, sobre temas concretos sempre que estean a afectar a un amplo colectivo de usuarios.

Obxectivos:
Informar a consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e deberes
Formar a consumidores conscientes e críticos
Informar e asesorar
Fomenta-la participación e mailo asociacionismo

Destinatarios
Destinado a poboación xeral do Concello de Cangas e limítrofes, Moaña e Bueu.

 

entrada Fondo documental de información e orientación de consumo

Tratamos de recompilar e actualizar bibliografía diversa sobre a temática de consumo, para tela a disposición de todos aqueles usuarios e colectivos que necesiten consultala.
Periodicamente se remiten informacións sobre temas concretos a centros de ensino, asociacións de veciños e outros colectivos do Concello.
Desde a Oficina proframanse ademais unha serie de actividades tales como xornadas, certames, etc. nas que participan escolares e adultos.

Obxectivos:
Fomenta-lo asociacionismo.
Formar consumidores conscientes e críticos.
Informar a consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e deberes.

Destinatarios:
A poboación en xeral do Concello.

 

entrada Certame de narración de consumo

Este programa realízase coa intención de que os escolares continúen participando nas actividades promovidas dende a OMIC, dándolle deste xeito continuidade ás escolas de consumo. Pretendemos formar novos consumidores conscientes e críticos.

Obxectivos:
Posibilita-la formación de novos consumidores conscientes e críticos
Fomentar hábitos saudables
Prevención de riscos derivados dun mal uso
Fomenta-la participación

Destinatarios:

-Escolares de primaria e secundaria do Concello de Cangas

 

entrada Xornadas de consumo para adultos
Ciclo de charlas procurando atender sempre a temas que consideremos de interese para os consumidores e usuarios, por se-los máis demandados na OMIC.

Obxectivos:
Formación de consumidores conscientes e críticos
Prevención de riscos derivados dun mal consumo

Destinatarios:
Poboación en xeral do Concello

 

 

subir

© 2008 Concello de Cangas | Aviso Legal
Avda. de Castelao 2
| T 986300050 | T 986300162

LYc Servicios Informáticos