Cangas,
...a mar de ben

   
  Cangas,  

Inicio

 >> Parroquias...(Cangas)

Galego

Castellano

Eng.

Como Chegar
Actividades Turísticas
Praias
Rutas de Interese
Lugares con Encanto
Parroquias
Historia
Actividade Cultural
As Tres Cangas
Gastronomía
Onde Comer...
Aloxamento
Corporación Municipal
Contacto
     

 

 

 

 



 


Cupón de la ONCE
Lotería Nacional Quiniela Fútbol La Primitiva El Gordo de la Primitiva La Bonoloto
 
 

 

 

 

 

 


Mapa Parroquias Cangas

Rueiro de Cangas..

   

:: Aldán

:: Cangas

:: Coiro

:: Darbo

:: Hio

 

   

Aldán

Poucas poblacións de tan reducido tamaño posuen unha ría propia, protexida polos Cabos Udra e Punta Couso. Aldán é unha vila mariñeira, onde o viaxeiro pode contempla-las vivendas deste antigo burgo mariñeiro, mesturadas con centenarios hórreos que nos amosan a pervivencia dunha arquitectura popular que soubo resistir o paso dos séculos.
 

Praia de Menduiña (Cedida por R. Vilariño) Ensenada de Aldán
Praias de Sartaxéns e Francón Vista panorámica de Aldán

Especial atención merecer o seu paseo marítimo que conduce ata o porto bordeando a praia.
O núcleo da parroquia sorpréndenos coa portada da Iglesia Parroquial de San Ciprián, de trazas neoclásicas, e a torre almenada, que se ergue tralos muros que delimitan o adro da igrexa, unha estreita rúa guiaranos ata a fachada do pazo, morada da nobre liñaxe dos Aldao, que dominou estas terras dende a remota Idade Media. Á mesma época corresponde a ponte emprazada en fronte da mansión, sobre o río Orxas. Este curso fluvial alberga muíños e unha feraz vexetación que pode servir de escusa para o paseo.

 


 

 

Cangas

É a capital do termo municipal que hoxe supera os 25.000 habitantes. O primeiro que chama a atención do que nos visita por primeira vez é a riqueza do seu patrimonio histórico-artístico. Paga a pena perderse polas estreitas rúas do Casco Vello, descubrindo os exemplos de arquitectura popular mariñeira, as casas de patín ou as casas terreñas. Chegando as preciosas prazas como a de Síngulis ou a do Costal e admirando os nobres edificios brasonados.

Casa de Patín Terraza do Arco
Peirao de Cangas, foto cedida por R. Vilariño
Vista dende o Concello

Aínda que, de seguro, o que máis o impresionará e a Excolexiata de Santiago, que data do século XVI. É preciso visitar detidamente este monumento, e admirar a súa fachada renacentista, as súas portentosas bóvedas góticas, as súas tallas e retablos barrocos. Á saída e baixando pola Rúa Real, chegará a Alameda, na que se conservan importantes obras escultóricas de Xoán Piñeiro ou Francisco Asorey. A poucos pasos, nos Xardíns do Señal un paseo que bordea a vila ata chegar a praia de Rodeira, amosanos dun lado a Capela do Hospital, monumento emblemático do século XVIII, e do outro o porto deportivo.

Praia de Rodeira, foto cedida por R. Vilariño "O Reloxo"
Estacion de autobuses Vista dende o Concello

Vsita de Cangas
Foto: Alfonso Lubian

 

 


Coiro

Coiro é, fundamentalmente, unha parroquia de interior, e o seu principal atractivo son lugares como a “Carballeira de Coiro”, un dos Espacios Naturais Protexidos cos que conta o noso Concello. Estamos a falar dunha fraga tipicamente atlántica onde se mesturan especies coma carballos, castiñeiros, salgueiros, ou bidueiros entre outras. O río Bouzós, que atravesa o lugar esconde numerosos muíños. Un deles, o de “Fausto”, foi restaurado e o viaxeiro pode comprobar como funcionaban estes curiosos enxeños.
 
Playa de Rodeira, foto cedida por R. Vilariño Iglesia barroca de San Salvador, foto cedida por R. Vilariño

Coiro é tamén terra de pazos, pertencentes a importantes liñaxes fidalgas, paga a pena deterse a contemplar os de A Retirosa e O Xistro. Tamén son abondosos os edificios brasonados, como o do Cruceiro, que aínda ostenta o escudo da Inquisición.
Tamén a Casa Rectoral amosa dúas boas labras heráldicas, representando unha delas á poderosa familia dos Mondragón, marqueses de Santa Cruz de Rivadulla. Pero o máis impresionante é a Igrexa de San Salvador, obra que os irmáns Novas realizaron no 1784, onde destaca a torre cunha rica ornamentación barroca.

Carballeira de Coiro

 


Darbo

Darbo, igual cas restantes parroquias do municipio, posúe un litoral privilexiado, pero é moito máis que area e mar. No Monte de San Roque atoparemos unha pequena capela. Alí gozaremos dunha panorámica de toda a vila e gran parte da ría de Vigo. Os amantes das camiñadas atoparán no  "Balcón do Rei” un entorno espléndido para desenvolver a súa práctica deportiva favorita.
 
Danza e contradanza (Cedida por R.Vilariño) Panorámica dende o Balcón do Rei

A parroquia conta con abondosos exemplos de arte popular, como son os cruceiros e os petos de animas. Son tamén numerosas as capelas e pequenos santuarios de grande antigüidade, coma os de San Pedro e San Blas, pero non cabe dúbida de que a xoia arquitectónica de Darbo é a Igrexa Parroquial de Santa María. Construída no século XVIII salientable pola súa decoración e proporcións, que deron como resultado un dos mellores resultados do barroco rural galego. Un centenario cruceiro custodia a entrada da igrexa, que na súa parte posterior conta cunha fonte barroca.

 

Hio

Existe en Cangas un conxunto monumental de extraordinaria importancia, o que podemos contemplar na parroquia do Hío.
Alí atopámo-lo cumio da arte popular en Galicia, O  “Cruceiro de Hío". Compre admirar de vagar as súas numerosas figuras e múltiples rostros que o animan compoñendo a historia da redención dos homes. 
 
Areabrava Nerga, Viñó e Barra
Cabo Home Costa da Vela


O cruceiro erguese flanqueado pola Casa Rectoral, unha verdadeira mansión rural, levantada por Ventura de Aldao fai máis de 300 anos.
Ademáis da súa historia, Hío deleitaranos coa súa natureza, así os cantís da Costa da Vela, dunha beleza sobrecolledora abrirannos o camiño para ascender ata o cume do Monte do Facho. Dende eiquí o viaxeiro pode contemplar ademáis das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abarca gran parte das Rías Baixas

 

 

 

© 2004 Concello de Cangas (Organismo Autónomo de Turismo)