Patrimonio histórico de Cangas |
Ex-Colexiata de Santiago de Cangas
Ver video (Xoan Arco da Vella)
A Ex – Colexiata de Cangas e sen dúbida, xunto co Cruceiro de Hío, a gran xoia artística do municipio, unha xoia que forxada durante os últimos 500 anos da Historia, na que cada época foi engadindo a súa propia contribución e estilo, se ben a maior parte da construcción data do século XVI.
A nova edificación foi elevada ao rango de Colexiata polo Papa Paulo III en 1545, aínda que se cre que o primitivo templo remontase alomenos un século máis atrás. A fachada, sen embargo, non se levantou ata 1585, sendo proxectada por Xácome Fernández, e constitúe unha das mellores mostras do arte renacentista en Galicia. Tamén podemos admirar a torre, do século XVIII, distribuída en dous corpos con sendas balaustradas.
De planta basilical de tres naves, algúns destes tramos cúbrense con bóvedas estreladas, sobre altas e recias columnas; a capela maior ten tamén bóveda estrelada de moitas claves, e extensa e curiosa inscrición testamentaria no muro da dereita e, ao exterior contrafuertes nas esquinas, crestería ojival degenerada, gárgolas e pináculos. A fachada, que é a obra máis recente, ten dous corpos de columnas estriadas jónicas e compostas, e hornacinas con varias imaxes. Todo o conxunto é de estilo plateresco-renacemento.
Parte desta igrexa é de estilo ojival evolucionado, e o resto pertence á época do Renacemento, como empezada a principios do século XVI e terminada a mediados ou a últimos de devandito século. No muro da zona Sur consta a data de 1541 e asegúrase que a capela maior estaba terminada en 1548.
Conserva un bo retablo na capela maior, así como un Santo Cristo chamado o ?do Consolo?, e un crucifixo de 0.49 metros de alto (o de ?Oficios de Defuntos?) moi interesante, así como unha cruz procesional.
Esta fermosa igrexa recorda moitísimo á Basílica de Santa María de Pontevedra, de maiores proporcións esta e máis luxosa. As cresterías exteriores son iguais, e as naves interiores moi similares, aínda que de columnas lisas e cilíndricas na Colexiata de Cangas. Os dous templos foron pagados polas confrarías de pescadores e construídos na mesma época.
Fonte da Colexiata
Preciosa talla situada á beira da Igrexa Colexiata e representa a Santiago Matamoros. O seu estilo pode considerarse como ecléctico. Esta obra atribúese a Cerviño. Conserva a data de construción que se remonta ao ano 1890.

Mausoleo no cemiterio de Cangas
Obra moi cargada e posiblemente a máis lograda de Cerviño. É a tumba de don Joaquín Francisco Graña e Bernardo Fandiño. Posúe uns finísimos panos que parece imposible que se poidan lograr e realizar en granito. Esbeltísimas columnas salomónicas. Pode considerarse tamén unha obra de estilo ecléctico. Foi realizado nos anos 1899-1901.

Igrexa de Aldán
A igrexa de San Cibrán de Aldán constitúe o mellor exemplo de arte neoclásico do noso municipio, e aínda que o primitivo templo se remonta, como mínimo, ao século XVI, o actual foi edificado de nova planta en 1866.
A fachada conta cunha hornacina que alberga a imaxe de San Ciprián e unha altiva torre do dous pisos cunha balaustrada de pedra en cada piso. No adro parroquial podemos admirar un fermoso mausoleo decimonónico, ademais do arranque da impresionante muralla que delimita os antigos dominios dos condes de Aldán.
A igrexa rodease de casas de alegres balconadas que funden as súas raíces na máis xenuína tradición mariñeira, e no seu entorno inmediato podemos descubrir outros monumentos de excepcional releve, como a Torre de Aldán, o pazo de Vistalegre, a ponte medieval sobre ó río Orxas e o sarcófago medieval da Laxe.
Mausoleo á beira da Igrexa parroquial de Aldán
Construído en 1879, segundo consta na inscrición. Obra tamén atribuída a Antonio Cerviño. Na actualidade atópase considerablemente deteriorada. Garda unha gran semellanza co mausoleo do cemiterio de Cangas, aínda que o de Aldán é de características máis sinxelas. Con esta obra, serían catro as realizacións atribuídas a Cerviño no Morrazo. É dicir, os dous mausoleos, a fonte da Colexiata de Cangas e o Cruceiro de Hío.

Igrexa de Coiro
O templo de Coiro posúe unha espléndida fachada do século XVIII realizada polos irmáns Novas, onde destaca poderosamente unha rutilante torre cunha rica ornamentación barroca, inspirada nun estilo compostelán.
O primeiro que chama a atención na súa magnificencia e no seu tamaño, acaso esaxerado en comparación co resto da igrexa, pero que ten a súa explicación no padroado que sobre ela exerceron os marqueses de Santa Cruz de Rivadulla. Ademais dende o privilexiado lugar que constitúe o adro parroquial, divísanse unhas preciosas vistas de todo o valle e da ría de Vigo

Conxunto Monumental do Hío
Existe en Cangas un conxunto monumental de extraordinaria importancia, e é o que podemos contemplar na parroquia do Hío, situada nun marco incomparable da belísima ría de Aldán. Alí atopase a obra culminante da arte popular en Galicia, e unha das creacións máis exquisitas que teñan saído da man do home: o “Cruceiro do Hío”. Pero cómpre contemplar con detemento a Historia da salvación da humanidade.
Tras observar ben esta marabilla, tallada na súa maior parte nun único bloque, chegamos ao convencemento de que o mestre Cerviño estaba posuído pola xenialidade: só así entendemos que en 1872 creara unha obra que transcenderá do temporal, para acadar as máis altas cotas de expresividade artística.
O Cruceiro non luciría tan espléndido de non estar flanqueado por outras dúas xoias arquitectónicas: a igrexa de San Andrés, (século XII) coa súa bela fachada románica, e a Casa Rectoral, unha verdadeira mansión rural ou un pazo abacial se se prefire, levantada por Ventura de Aldao hai máis de 300 anos.
Casa Rectoral de Hio
Atópase situada á beira da igrexa ......de pedra, con portalada e balconada con balaustres de pedra, cuberta. Patio de acceso empedrado. Conta con fonte e pombal de forma circular. A casa data do século XVIII, de estilo barroco.

Conxunto Monumental de Darbo
O epicentro do magnífico conxunto monumental de Darbo é a preciosa Igrexa parroquial de Santa María, un dos mellores exemplos de barroco rural que se poden contemplar en Galicia. O actual santuario foi levantado entre os séculos XVII e XVIII.
O máis destacable deste pequeno templo son as súas equilibradas proporcións e a súas cometida ornamentación, sabiamente distribuída, o que lle outorga a Santa María de Darbo a rara virtude da sinxeleza, e a converte en todo un exemplo de harmonía e bo gusto, dentro dos templos barrocos.
Fonte do Adro da Igrexa parroquiald de Dardo
Pero non se queda aquí a riqueza artística deste espléndido conxunto. Na parte posterior da igrexa podemos admirar unha preciosa fonte barroca, no centro da que se atopa unha imaxe da Virxe adornada por unha coroa real voada. E no centro do adro parroquial onde contemplaremos un fermoso cruceiro, antes de que a nosa vista se dirixa os antigos alpendres de feira, vestixio venerable da arquitectura popular e da cultura ancestral destas terras.

Arquitectura Popular Mariñeira
O casco antigo de Cangas é de gran riqueza arquitectónica. A chamada “casa de patín” e a mostra máis representativa desta arquitectura, tratándose da vivenda mariñeira por excelencia. A principios deste século, esta tipoloxía de casa era a máis abundante en Cangas, e hoxe aínda se poden contemplar algúns exemplares dispersos polo casco antigo.
O patín que é a escaleira exterior de pedra, podería ir cuberto, prolongando o tellado, e o seu uso podía ser múltiple: acceso a vivenda, tomar o sol ou o fresco, como lugar de reunión polas noites, onde atar as redes ou cosías as mulleres, tendíase a roupa ou se poñían as redes a secar.
Tamén na rúa Real pódense atopar vellas mansións fidalgas cos seus escudos de armas, así como impresionantes edificacións de finais do século XIX e principios do XX, con graníticas fachadas e brancas e alegres galerías.

Casa da Bola
Atópase situada no paseo pincipal da vila, a carón do mar.
Posiblemente sexa a casa máisi interesante, desde o punto de vista artístico, do núcleo urban. Data do século XIX, de estilo Neoclásico tardío. Posúe tres balcóns e remate da bóla que lle dá o nome.

Pazo da subida de Singulís
Situado no centro de Cangas, na "Costa de Síngulís"
Fermosa edificación de estilo barroco, do século XVIII. Ten un escudo na fachada e unha gran balconada. Existe outro escudo nun muro á beira desta casa.

Pazo do Sistro
En Coiro.
Trátase dunha enorme casa de estilo barroco do século XVIII, ten dúas entradas cubertas: unha situada na escalinata e outra por patín, así como un gran escudo na fachada.
Ten un fermoso e gran muíño de río, un gran pombal cuadrangular e un enorme hórreo.
Horreo do Pazo do Sistro
Trátase duns dos hórreos máis grandes de Galicia e, por suposto, o segundo en lonxitude da provincia de Pontevedra. Consta de 8 vans e 18 pés.

Pazo da Retirosa
En Coiro.
Fermoso pazo, aínda que de difícil acceso, propiedade da familia Castroviejo.
Trátase dunha casa do século XVIII barroca, á que adorna un fermoso xardín. Un gran recinto amurallado a circunda. A antiga capela atópase transformada en peza habitada da casa.
Completan o conxunto un pombal en forma circular e un pequeno hórreo de dous vans e seis pés..

Lavadoiro de Hio
En Hio,
Interesantísima obra da arquitectura popular galega, do século XVIII. O seu estilo é barroco de placas. Nunha inscrición consta do anos 1760. Ten un testero interior de pedra cun gran escudo tallado. A cuberta é de madeira a tres augas, soportada polo testero a dúas columnas. Tella do país como material de cubrición. Este lavadoiro atópase situado detrás da casa reitoral, accedéndose por un pequeno camiño, é de uso público. .

|