|
De
Interese Turístico Galego.
[...Semana
Santa 2008]
|
::
Introducción |
::
Irmandade da Virxe dos Dores e da Soedade |
|
::
Cofradía da Misericordia |
::
Asociación do Santísimo
Cristo do Consuelo |
|
::
Agrupación de San Pedro |
|
|
|
|
Cangas en Semana Santa
A Semana Santa de Cangas,
declarada de Interese Turístico Galego,
é de renombrada solemnidade en toda a comarca, sendo a máis importante
da provincia.
A
vistosidade das súas procesións, o recollemento dos fieis e as
artísticas imaxes, fan da Semana Santa en Cangas, unha manifestación do
vivir dun pobo mariñeiro que ó longo da súa historia foi enriquecendo
unha maneira de senti-la súa devoción relixiosa, con sensibilidade e bo
gusto.
A orixinalidade das imaxes articuladas, na procesión do “Encontro” e o
“Descendimento” son unha mostra do querer vivi-la Pasión de Cristo da
maneira máis real.
A Semana Santa en
Cangas comenza xa o Venres de Pasión coa festividade da Stma. Virxe das
Dores, de grande arraigamento na vila, ata o punto de ser declarada festa
local a tódolos efectos. Culminan os actos litúrxicos, este día, cunha
magna procesión da Virxe nun artístico “trono” baixo palio. |
|
|
|

O Domingo de Ramos celébrase a bendición das palmas e a procesión ata o
Templo, coa imaxe de Xesús montado nunha borriquilla.
O Mércores Santo sae a Procesión da “Soledad de María” acompañada
por Tambores Cofrades. Son as mulleres do municipio as que acompañan a
Virxe na súa soidade polo Casco Vello de Cangas, facendo unha parada no
Eirado do Sinal, onde se realiza unha ofrenda floral |
|
|
|
O Xoves Santo pola
tarde, sale o “Paso da Mesa”, que representa “A Última Cea”, con
productos naturais.
|
|
|
|
Tamén están o paso de “A
Oración na Horta” e o de “A Flaxelación”, fermoso conxunto de tres
imaxes, cerrando a procesión o “trono” da Virxe das Dores baixo palio.
|
|
 |
 |
|
|
|
O
día cume da Semana Santa comeza coa procesión matutina conocida coo A
Negación de San Pedro. O máis notable desta procesión é que busca
comprometer á xuventude coa Semana Santa, así a imaxe de Pedro é
acompañada principalmente por xente nova e levada ao redor dos Xardíns
de J. Félix Soage Villarino. Ó mediodía celébrase no centro do pobo a
procesión do “Santo Encontro”. O predicador vai relatando a pasaxe histórica, e das
diferentes rúas que conflúen na praza van aparecendo as imaxes: San Xoan,
A Verónica, María Magdalena, María Cleofás, María Salomé e a Stma. Virxe
das Dores. O Nazareno, acompañado do Cirineo e de saións romanos, cae
tres veces (un sistema de articulación fai que a imaxe caia e se
levante). A Verónica extende o sudario e aparece a face de Xesús. San
Xoan estende o seu dedo e sinala o camiño á Virxe. |
|
|
|
Pola tarde, no
templo, ten lugar a ceremonia do “Descendimento”, onde é “descravado” o
Cristo e depositado nunha furna de cristal. Esta preciosa imaxe é
articulada nos seus brazos, e o acto convírtese nunha escea de emotivo
realismo.
|
|
|
|
Pola noite,
celébrase a procesión do “Santo Enterro”. As imaxes de San Xoan, as
Piadosas Mulleres, o paso impresionante de Xesús Crucificado, o paso da
Piedade, a urna co Cristo Xacente e o fermoso trono da Virgen da Soedade,
pechan esta procesión.
|
|
|
|
Finalmente, e como remate da Semana Santa, sae a Procesión do Silencio,
ás doce da noite do venres, na que o Cristo do Consolo é acompañado nun
absoluto silencio polas nosas rúas.
|
| |
|
Sábado de Gloria.
O Sábado Santo é o día da sepultura de Xesús, o día de espera
litúrxica e silenciosa xunto ó sepulcro.O templo parroquial prepárase
para o velatorio co altar espido e as luces apagadas. As imaxes da
Santísima Virxe dos Dolores, xunto con San Xoan, María Magdalena,
Verónica e as Piadosas Mulleres velan a Xesús. Respírase un ambente de
fervorosa espera chea de paz e cargada de esperanza. E como remate da Semana Santa, sae a Procesión do Silencio,
ás doce da noite do venres, na que o Cristo do Consolo é acompañado nun
absoluto silencio polas nosas rúas. |
|
|
 |
| |
|
Cofradias |
| |
|
::
Irmandade da Virxe das
Dores e da Soidade
A
Venerable Irmandade da Stma. Virxe dos Dores foi fundada no ano 1748, a
instancias do prior da Colexiata de Cangas, Don Ramón Tabarés Saavedra,
que encomenda ó R.P. Juan de Cenzano, da Compañía de Xesús do Colexio de
Pontevedra a súa constitución.
Esta Confraría, chamada
tamén da “Boa Morte”, absorbe no seu día á xa existente da Soidade, con
tódolos seus bens e caudais, e disfruta de indulxencias plenarias dadas
por los papas Clemente XI, Inocencio XI e Benedictino XIII.
Na actualidade, a
Irmandade da Virxe das Dores e da Soidade, conta con máis de dous mil
irmáns e constitúe a súa festividade, o Venres de Pasión, un dos maiores
acontecementos litúrxicos da parroquia.
A súa imaxe titular, a
Virxe das Dores, é unha fermosa talla das chamadas de “vestir” e data de
1805. Cando a Desamortización de Alvarez Mendizábal, as rendas desta
congregación foron destinadas ó sostemento da única escola de nenos que
tiña a vila e a imaxe foi aloxada no Salón de Sesións do Concello ata o
ano 1919, no que é gardada nunha casa particular, dende onde en piadosa
rogativa é levada tódolos anos ó Templo para a celebración do solemne
Septenario na súa honra.
Tamén é propiedade desta
cofradía a Virxe da Soidade, imaxe de grande fermosura que data do
século XVII e o precioso Cristo de Minerva, maravillosa escultura
realizada en madeira de buxo e de autor anónimo.
|
|
|
|
::
Asociación do
Santísimo Cristo do Consolo
A
invasión de piratas turcos e alxerinos, naquel triste día do 9 de
decembro de 1617, en que foi arrasado e queimado o templo parroquial cos seus arquivos e imaxes a excepción do Cristo “que non quixo arder”,
deixáronnos sen datos suficientes sobre a antigüidade desta Cofradía,
que se cree é moi anterior a súa fundación. Temos algunha referencia do
ano 1607 na que se denomina Cofradía da Fabricación do Santo Nome de
Xesús, posto que a Fábrica da Igrexa apenas tiña rentas i era esta
Cofradía a que provía todo o necesario.
É o 27 de abril de 1865,
despois de cento cincuenta anos de silencio e inactividade, cando se
constitúe formalmente a Cofradía do Bo Xesús o Sto. Cristo do Consolo,
que perdura ata os anos cincuenta, no que por desavenencias entre a
Xunta Directiva e o entón cura párroco, é disolta. No año 1990 promóvese
de novo a constitución da actual Asociación.
A súa imaxe titular é o
Cristo do Consolo, patrono da vila de Cangas. É unha talla de Xesús
crucificado, de magnífica realización e obra do escultor de Santa
Cristina de Cobres, Xoan Pintos, no ano 1769.
Os cultos na súa honra
celebrábanse antigamente no triduo de Carnaval, pero despois da
refundación no ano 1865, trasládase a súa festividade ó último domingo
de agosto, con misa de exaltación da Cruz, e saíndo en solemne
procesión, lucindo un valioso dosel bordado en ouro e pedrería.
Na Semana Santa, a
impresionante imaxe do Cristo do Consolo, sae tamén o Venres Santo pola
noite, pero esta vez sen dosel, resaltando así a figura do Crucificado,
nun paso que inspira gran recollemento e admiración.
|
|
|
|
::
Confraría da Misericordia
A Confraría da Misericordia foi fundada polo Gremio de Mareantes da vila de
Cangas no ano 1709. O seu fin era atende-las necesidades espirituais dos
traballadores do mar.
A imaxe titular desta antiquísima Cofradía é a de San Xosé, abogado da
Boa Morte, e a da súa patroa por excelencia, a Virxe do Carme.
Dado o lóxico arraigamento
desta Confraría nun pobo mariñeiro como Cangas, o seu poderío social i
económico de entonces, gracias á súa participación nas partes da pesca
de cada unha das embarcacións da vila, os cultos da vida relixiosa do
pobo, teñen neste gremio un interesante impulsor.
É a fins do século pasado cando, por encargo da confraría da
Misericordia, ó mestre Cerviño, autor do coñecido “Cruceiro do Hío”, se
lle encomenda unha importante labor, que cun equipo de carpinteiros i
ebanistas voluntarios, renovasen as imaxes que ata a data saían
procesionalmente en Semana Santa.
Sería moi extenso describir eiquí a cantidade de episodios e anécdotas
que se deron naquel taller-escola improvisado para un so fin, a Semana
Santa articulada de Cangas.
Entre as tallas –“A Mesa
dos Apóstoles”, o paso “Das Caídas” ou do Nazareno, co Cirineo e o
centurión romano, paso éste articulado (Xesús cae e se levanta tres
veces e ó centurión se lle moven os ollos), “As Marías “ San Xoan, “A
Verónica” e “A Magdalena”- destaca a súa obra cume: “O Cristo do
Descendemento”, articulado tamén e verdadeiro estudio anatómico da figura
humana.
Todas estas fermosas imaxes, froito do xenio dun autodidacta e do sentir
dun pobo, fan que a Confraría da Misericordia, sexa a que ó longo dos
anos ten contribuido máis ó realce da nosa Semana Santa.
|
|
|
|
::
Agrupación de San Pedro
Foi fundada no 2003 por entusiastas da vila de Cangas
que quixeron profesionar a figura de San Pedro, imaxe titular da mesma.
Esta imaxe de estilo barroco e unha das máis representativas coas que
conta a ExColexiata de Santiago de Cangas, é acompañada na madrugada do
Xoves ó Venres Santo polas rúas da vila. Grupos de xovenes, na súa
maioría, acompañan con velas e antorchas a imaxe do Santo que se
desplaza baixo o son do retumbar dos tambores. Trátase do prólogo do
Venres Santo que se inicia coa celebración do Santo Encontro.
|
|
|
|
 |
|