Carné Xove Euro>30
Finalidade
Facilitar aos mozo/as de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove <30 está implantado.
Vantaxes
Acceso privilexiado a diferentes bens e servicios de tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro <30 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
Ademais, entre as prestacións do carné xove euro <30 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozo/as galegos.
Destinatarios
Tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive.
Expedición
É preciso cubrir un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €. Pódese obter na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Redondela.
Formulario de solicitude do CarneXove
Ámbito e Cobertura
Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro <30 publicada na nosa web e que se entrega gratuitamente co carné.
Validez
Ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. .
Establecementos Adheridos ao Carné Xove na provincia de Pontevedra
Carné de Alberguista
O alberguismo é un xeito de facer turismo activo, cultural, deportivo e sobre todo de confraternización con outros/as mozos/as do mundo e persoas de máis idade.
Para poder acceder aos albergues necesitas ter o carné de alberguista, e con el poderás escoller entre os máis de 4.500 que forman parte de "HOSTELLING INTERNATIONAL" e que están espallados por máis de 80 países do mundo.
Un albergue xuvenil non é un hotel, nin a infraestrutura nin os prezos nin a filosofía é a mesma. O espírito alberguista consiste en potenciar a convivencia entre mozos e mozas de distintas razas, credos ou ideoloxías de xeito que a permanencia no albergue contribúa á formación en valores do/a alberguista.
Carnés de alberguista

Os seus prezos son moi accesibles en xeral e atoparalos tanto en cidades como preto do mar ou na montaña. Cando fagas o carné daranche con el unha guía de albergues de España (232 albergues no 2007) e se queres unha de todo o mundo tes que comprala (11 €).
Hai varios tipos de carnés de alberguista:
- Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 €
- Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 €
- Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 €
- Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 €
A validez dos carnés é de 1 ano a partir da data de expedición.
Carné ISIC
O Carné ISIC identifícate como estudante en calquera parte do mundo e ten máis de 34.000 descontos.
Faite co teu ISIC e poderás formar parte dunha comunidade de 4.5 millóns de estudantes que comparte a pasión por viaxar e descubrir novas culturas.
É un documento recoñecido pola UNESCO e a Comunidade Europea, empregado dende que se creou por máis de 35 millóns de estudantes en todo o mundo.
Se es estudante, o ISIC axudarache a desfrutar de especiais beneficios e servizos, en todo o mundo. O Carné Internacional de Estudante ISIC é un servizo da International Student Identity Card Association, unha organización sen ánimo de lucro asociada á International Student Travel Confederation (ISTC).
Es estudante, móveste polo mundo e queres facelo sen que o bolsillo se resinta demasiado... o que necesitas é o ISIC, o único documento universal de identidade para estudantes viaxeiros que proben a súa condición de estudante a tempo completo. É o carné de descontos máis popular e coñecido en todo o mundo, con máis de 40 millóns de carnés emitidos dende a súa creación.
Requisitos
Idade mínima de 12 anos. Non hai idade máxima.
Acreditar que es estudante a tempo completo matriculado nun curso académico recoñecido oficialmente.
Una fotografía tamaño pasaporte.
Ten un prezo de 6 €
Validez
A validez do carné é dende o 1 de setembro ata o 31 de diciembre do ano seguinte (15 meses), ou no seu defecto dende a data na que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.
Carné TEACHER (ISIC)
O carné Teacher está creado especialmente para profesores. Permite obter descontos en viaxes, museos, monumentos e exposicións de todo o mundo.
Requisitos
Se queres facerte co teu Carné Internacional de profesor ITIC, tan só tes que cumprir uns sinxelos requisitos, o fundamental, como é lóxico, acreditar que se é profesor empregaso como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialmente.
Coa túa acreditación de ser profesor a tempo completo, unha fotografía tamaño pasaporte e o pago das tasas (oito euros para os trámites).
Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org