<vacio>Españolgalego

Espazos sala de medios

Aquí tes un servizo de balde no que poderás facer uso das novas tecnoloxías a través do acceso e internet e outros servizos ofimáticos.
Ademais poderás consultar a prensa cos principais xornais de tirada local e nacional, e participar en actividades de formación  encamiñadas á mocidade, coa fin de que se coñezan as utilidades da Internet e o uso da información electrónica.
Para acceder tan só tes que solicitar o CiberXove, un carné de balde que che facilitaremos tras cubrir o impreso de solicitude acompañado dunha fotografía recente.

Espazosoficina municipal de voluntariado

Se queres satisfacer as túas inquedanzas solidarias e participar activamente no teu entorno sociocultural, aquí tes un servizo que che brinda múltiples posibilidades.
Somos un punto de formación, información e asesoramento,  organizamos, coordinamos e supervisamos proxectos de interese social, colaborando coas asociacións locais que realizan este tipo de actividades de ben común.

Espazosomix

Nada máis entrar atoparaste coa oficina de información xuvenil (OMIX). Esta zona ofréceche un servizo especializado no que podes atopar tódala información que poida ser do teu interese. Poderás empregar este servizo a través dunha atención persoalizada, por teléfono, mediante o correo electrónico, por sms ou ben usando os paneis e expositores de autoconsulta que atoparás no recibidor.

Poderás recibir información sobre:

  • Becas, estudos, carnés desconto, traballos no estranxeiro.
  • Axudas, subvencións, premios, certames.
  • Cursos, xornadas, seminarios, conferencias.
  • Convocatorias vixentes e por suposto tódalas actividades que dende a Concellería se organicen ao longo do ano.


Espazosfundación cangas deporte

No entrechán da Casa da Xuventude está a Fundación Cangas Deporte, nela ten a súa orixe todo o relacionado co deporte do noso Concello. Contan cunha ampla organización de actividades deportivas ao longo do ano, e como ves, atópase integrada dentro da Casa da Xuventude.

> Páxina web da fundación

Espazossala de usos múltiples

Un espazo creado especialmente para as túas reunións, conferencias, charlas, proxeccións e acondicionada para que fagas as túas exposicións.

Espazosludoteca

Os máis cativos, nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, dispoñen deste espazo, onde poden desfrutar e aprender, realizando diferentes actividades:

  1. Animación á lectura
  2. Xogos de mesa
  3. Xogos de animación
  4. Contacontos
  5. Obradoiros
  6. Exposicións
  7. Mediateca
  8. Proxeccións
  9. Xogos Tradicionais
  10. Creatividade
  11. Expresión Corporal
  12. Reciclaxe
  13. Biblioteca infantil
  14. Excursións


Espazossala de obradoiros

Na última planta, no ático, atópase a sala de obradoiros que alberga cursos e obradoiros propios (organizados dende a Concellería de Xuventude e Voluntariado) e externos, xa que se cede, en ocasións, a outros organismos cando o solicitan.






Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org