<vacio>Españolgalego

Ludoteca Municipal


Contacto

Teléfonos: 986 39 21 71 / Fax: 986 39 21 72
Mail: ludoteca@cangas.org


Horario de atención ó público:

De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas; sábados de 11:00 a 13:00 (de setembro a xuño)



A Ludoteca Municipal é un espazo lúdico-educativo para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Um espazo pensado por e para os máis cativos da casa, onde poderán xogar e aprender ao mesmo tempo e desfrutar de unha sinfinidade de actividades.

Poderás atoparnos na Casa da Xuventude situada na Rúa Real, número 29. 36940 Cangas
En horario de tarde, de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas

Tamén podes face-las túas consultas  chamando ao teléfono 986 39 21 71, por fax: 986 39 21 72 ou directamente no enderezo electrónico: voluntariado@cangas.oerg


¿QUE FACEMOS?

entrada Obradoiros: As manualidades son unha das actividades que máis lles gusta aos pequenos/as. Trátase de que aprendan a facer coas súas mans pequenos xoguetes ou agasallos, primando a reutilización e reciclaxe de material de refugallo.

entrada Creatividade e Dinámicas de Grupo: As dinámicas de grupo   e a creatividade son actividades que serven para que o grupo se coñeza e interaccione, entreando as habilidades sociais que se van a necesitar ao longo da vida.

entrada Mediateca: O visionado de películas infantís que teñan un fin educativo, onde os nenos aprendan dunha forma divertida valores positivos, é outra das actividades que oferta este servizo.

entrada Xogos: Un instrumento metodolóxico  de gran valor educativo  dentro da ludoteca é o xogo, o xogo libre favorece as relacións directas entre as usuarias e usuarios. A promoción intencionada de certos xogos fará que os seus recursos se amplíen e lles axude nas relacións grupais.

entrada Animación á Lectura: As actividades que promoven a adquisición de hábitos de lectura son moi importantes para o desenvolvemento integral dos/as pequenos/as. Ler é moi divertido e enriquecedor, e tratamos de que se descubra a lectura como parte do lecer canto antes con estas actividades.


 Ademáis organizamos...

entrada Actividades extraordinarias que facilitan as aprendizaxes da realidade máis próxima.
entrada Excursións: Divertidas saídas que serven para coñecer outros lugares, divertirse e aprender.
entrada Conmemoración de días especiais como o día do Libro, as Letras Galegas, o día da Paz, …
¿Qué servicios prestamos? ...



entrada Os nenos  e nenas que teñan entre 5 e 12 anos poden anotarse na Ludoteca e disfrutar de 4 horas semanais que as repartirán segundo as actividades nas que se anoten. 




Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org