<vacio>Españolgalego

Oficina Municipal de Información Xuvenil

Contacto
Teléfonos: 986 39 21 71 / Fax: 986 39 21 72
-Mail:

Horario de atención ó público:
De lúns a venres de 9:00 a 14:00 horas; e en horario de tarde, de 17 a 20 horas.




A OMIX é un centro especializado que facilita e proporciona información, orientación e asesoramento a calquer xoven coma ti, asociación ou colectivo xuvenil.

Poderás atoparnos na Casa da Xuventude situada na Rúa Real, número 29. 36940 Cangas
En horario de mañán, de lúns a venres de 9:00 a 14:00 horas; e en horario de tarde, de 17 a 20 horas.

Tamén podes face-las tuas consultas  chamando ó teléfono 986 39 21 71, ou por fax: 986 39 21 72

 

  • ¿QUE FACEMOS?

entrada Área de documentación: Temos a túa disposición un fondo documental sobre temas de actualidade e de interese xuvenil, como: SIDA, Toxicomanías, Anticoncepción e sexualidade, violencia e xuventude, boletín e guía xove, informativo semanal xuvenil...

 Ademáis informamos sobre...

 entrada Asociacionismo: Como crea-la túa propia asociación xuvenil, trámites e requisitos, listado de asociacións e colectivos do Concello

entrada Voluntariado: Onde, como e con quén. Nova lei de voluntariado

entrada Publicacións: Este servizo consitiría na creación dunha liña de traballo específica en publicacións.

entrada  Buzón xove: Poñemos a túa disposición un espacio onde ti eres o protagonista e onde poderás aporta-la túa opinión, suxerencia ou inquedanza. A túa aportación chegará directamente ó Concelleiro responsable de xuventude, para fomentar unha comunicación recíproca entre o xoven e o político de xuventude.

¿Qué servicios prestamos? ...

entrada Informámoste sobre o que poda interesarche, como: estudios, emprego, ocio e teempo libre, programas de xuventud, participación, saúde...

entrada Tramitamos o carné xove e as túas solicitudes ós diversos programas da Xunta de Galicia.

entrada Programamos actividades como: campamentos de verán, saidas de tempo libre, certámenes, cursos e cursillos, exposicións, concertos, salón do comic, que esperamos poder facer máis atractivo o teu tempo libre e que poidas participar aportando suxerencias.

 

Encontrarás información especializada sobre:

entrada Servicio de Orientación de Emprego: Se estás perdido á hora de encontrar un emprego, podemos informarte e asesorarte sobre: técnicas de búsqueda activa de emprego, como face-lo teu curriculum ou carta de presentación, empresas de traballo temporal, ofertas de emprego público e privado, traballo no extranxeiro, cursos de formación...






Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org