<vacio>Españolgalego

Oficina Municipal de Voluntariado

Contacto
Teléfonos: 986 39 21 71 / Fax: 986 39 21 72
Mail: voluntariado@cangas.org

Horario de atención ó público:
De lúns a venres de 9:00 a 14:00 horas; e en horario de tarde, de 17 a 20 horas.



A Oficina Municipal de voluntariado é un servizo especializado que facilita e proporciona información, orientación e asesoramento toda persoa e entidade en materia de voluntariado e de participación activa no entorno socio-comunitario.

Poderás atoparnos na Casa da Xuventude situada na Rúa Real, número 29. 36940 Cangas

En horario de mañán, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; e en horario de tarde, de 17 a 20 horas.

Tamén podes face-las túas consultas  chamando ao teléfono 986 39 21 71, por fax: 986 39 21 72 ou directamente no enderezo electrónico: voluntariado@cangas.org

  • ¿QUE FACEMOS?

entrada A Oficina Municipal de Voluntariado é un punto de referencia, un espazo de información, orientación e asesoramento en materia de voluntariado, ademais de ser a canle de tódalas persoas altruístas e solidarias que queiran participar activamente no seu entorno.
Proporcionamos ademais axuda a tódalas entidades sen ánimo de lucro para que poidan levar a cabo os seus proxectos e actividades de ben común.

 Ademáis informamos sobre...

 entrada A Lexislación de Voluntariado.
entrada Entidades locais coas que se pode colaborar, actividades que realizan, obxectivos, destinatarios…
entrada Bolsas, subvencións e axudas para entidades que realicen actividades de ben común.

¿Qué servicios prestamos? ...

entrada Informámoste sobre  voluntariado, en qué consiste e qué condicións se han de cumprir para ser voluntario ou voluntaria, e se pertences a unha entidade, explicámosche cómo acoller persoas voluntarias.
entrada Orientamos sobre actividades nas que colaborar segundo o perfil da persoa voluntaria, buscando un axuste entre as habilidades e destrezas do voluntario ou voluntaria e a tarefa a desenvolver.
entrada Tramitamos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes, e cubrimos os posibles gastos que se deriven da acción voluntaria.
entrada Colaboramos con entidades sen ánimo de lucro que teñen proxectos de intervención para o ben común: traballar con colectivos sociais en risco de exclusión, actividades de coidado, conservación ou recuperación medioambiental, actividades culturais e de ocio,…
entrada Proporcionamos a axuda de persoas voluntarias, de ánimo solidario e altruista, ás asociacións para que poidan mellorar as actividades que propoñen.
entrada Traballamos para que o voluntariado adquira o recoñecemento social que se merece, buscando un voluntariado de calidade, e velando porque estas actividades non se convirtan en traballo encuberto ou en fins lucrativos.

 

Encontrarás información especializada sobre:

entrada Programas e actividades de ben común que se están a realizar no teu entorno, nos que podes participar activamente ou dos que podes ser beneficiário directo.






Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org