<vacio>Españolgalego

Concertos Son de Cangas 09
09.10.2009



Son de Cangas 09 iniciou a segunda parte do seu programa, convidadando a tódalas persoas afeccionadas á música en directo a desfrutar da música das bandas participantes.

A cita está marcada nos venres dos meses de setembro, outubro e novembro, nos locais colaboradores (Discoteca Thays, Pub Sisterray, Pub Salasón e Pub Electra) a partires das 22.30.

Este ano, o coñecido programa musical dividiuse en dúas partes, na primeira quenda tocaron Xeomántica, FainoTi, Dollar Fever, Lavorda, Dentro, El Tolo, Mechanix, Grand´s e Charanga de Lembranzas da Ría, quenes dan paso á Sección Xuvenil da Banda de Música Bellas Artes, Kalighula, Póstuma, Balea´s Blues Quintet, Neno, Charanga dos Chiviñas, g.o.ne., Crawl, Estado Puro e Mother Skull.

Descargar Pulsa aquí para descargar o cartel

 

 

O servizo de Noitebús remata o Verán cunha media de 120 usuarios cada fin de semana
09.09.2009


Durante os meses de xullo e agosto o servizo de Noitebús estivo activo para cubrir o traxecto entre o centro de Cangas e as parroquias.
O noitebús cumpre amplamente os obxectivos de redución de siniestralidade e de contaminación ambiental, converténdose nunha alternativa económica para os mozos e mozas que se desprazan nas fins de semana dende a súa localidade ata a zona de ocio nocturno.
Os usuarios e usuarias valoran positivamente este servizo, xa que lles permite desprazarse sen perigo durante o seu tempo de ocio a un prezo moi asequible.

O Concelleiro de Xuventude e Voluntariado indicou, na súa comparecencia, que importantes resultaron as cifras de usuarios nos horarios especiais que se estableceron em datas determinadas, como o festival “Area e Sons” de Aldán. Asimesmo, lembra que o noitebús volve en decembro para prestar o seu servizo na noite máis festiva do ano.



Descargar Preme aquí para consultar os días e horarios especiais de este servizo




Concertos son de Cangas 09
27.08.2009


"Concertos de Verán Son de Cangas 09" do 26 de agosto ao 5 de setembro na Praza das Pontes

Descargar Preme aquí para descargar o programa





Noitebús Cangas
01.07.2009


A Concellería de Xuventude e Voluntariado de Cangas súmase por segundo ano consecutivo á campaña “NOITEBUS”, cuxo obxectivo é ofrecer unha alternativa de transporte nocturno nas fins de semana, que garanta a seguridade viaria e o fomento do transporte público.

Este programa consiste na posta en marcha dun servizo de autobuses nocturno que une as parroquias de O Hío, Aldán e Darbo co centro de Cangas os sábados de xullo e agosto.

Por dous euros pódese desfrutar deste servizo que supón un aforro medioambiental e económico moi importante, así que dende a Concellería de Xuventude e Voluntariado animamos a mozas e mozos a coller o “Noitebús” .

Descargar Preme aquí para consultar os días e horarios especiais de este servizo

Descargar Preme aquí para consultar os horarios e rutas de Cangas
Descargar Preme aquí para consultar os horarios e rutas de Pontevedra - Cangas
Descargar Preme aquí para consultar os horarios e rutas de Vigo - Cangas





Festival Cultura Urbá Cangas 2009
22.08.2009




O Festival Cultura Urbá estrease este sábado cunha xornada adicada a distintas actividades relacionadas co mundo do hip-hop. Xa hai inscritas 25 persoas na exhibición de grafiti e serán tres os concertos que amenicen a noite na praia de Rodeira.

Os grupos locais Kalígula e Grand´s, ademáis do vigués Pániko en las Calles, botarán o peche sobre o primeiro evento que congrega na vila espectáculos deportivos, musicais e artísticos movidos polo espíritu rueiro e subversivo desta tribu urbá.

O día comeza ás dez da mañá co "Baloncesto na Rúa" o "streetball" nos xardín do Señal.

Ás doce da mañá comeza a exhibición de grafiti na Praza das Pontes.

Ás cinco da tarde arrancan as actividades de skate na praia de Rodeira.

Sobre as sete as bicicletas BMX realizarán piruetas e outras destrezas ao estilo "Dirt Jump" (sobre montículos de tierra) na zona traseira do Concello ata as nove da noite. Os concertos celebraranse na praia de Rodeira. Dous dos grupos do programa "Son de Cangas", Kalígula y Grand´s, pisarán os primeiros o escenario a ritmo de rap. Máis tarde, o vigués Pániko en las Calles actuará acompañado dun disc-jockey para bordar o final desta xornada.

O concelleiro de mocidade Óscar Graña, valorou o apoio do seu departamento hacia actividades relacionadas coa cultura tradicional do noso pais, "máis non se poden pechalos ollos" a novas fórmulas como as de cultura urbá que "teñen cada vez máis adeptos".





A oficina de voluntariado de Cangas colabora coa Asociación ASPAMSIM nunha saída medioambiental e cultural
23.07.2009

ASPAMSIM
[Premer na imaxe para mais fotografías]

Unha vez máis as persoas voluntarias de Cangas colaboran nun proxecto de integración e apoio a colectivos sociais con risco de exclusión.

O pasado sábado 18 de xullo, ASPAMSIM realizou unha visita a Cabo Udra cos usuarios e usuarias da asociación, actividade coa que a Oficina Municipal de Voluntariado colaborou, aportando a axuda e boa disposición de voluntarios e voluntarias que realizaron unha labor de apoio ao monitor e dinamización dos/as participantes.

Os obxectivos desta actividade foron:

  1. Coñecer a riqueza natural do entorno
  2. Valorar os bens, tradicións e patrimonio cultural da zona
  3. Fomentar as relacións entre os membros da Asociación
  4. Propiciar a interacción entre este colectivo e as persoas voluntarias, que de forma altruísta axudan nas actividades.

O programa incluiu unha Visita ao Museo Massó de Bueu, a Visita á Aula de Natureza de Cabo Udra, xogos e dinámicas de grupo e roteiro de sendeirismo.

A Oficina de Voluntariado agradece a tódolos seus membros a súa participación e felicita a Asociación ASPAMSIM polo seu dinamismo e gran labor social.





13. Salón do Comic de Cangas
20.07.2009

Salón do Cómic

Do 20 ao 26 de xullo no Auditorio Municipal

www.salondocomicdecangas.com
Descargar Premer para ver o programa





Voluntarias e voluntarios de Cangas colaboran na XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico-Festivo
20.07.2009

ASPAMSIM

A Oficina Municipal de Voluntariado colaborou por segundo ano consecutivo coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo celebrado en Cangas do 3 ao 11 xullo.

Durante uns días Cangas se convirte no centro de tódalas olladas dos entendidos na arte dramática e de todos aqueles e aquelas que, aínda que sen ser expertos, desfrutan e se conmoven co Teatro.

A labor das persoas voluntarias estivo centrada no apoio as compañías teatrais e colaboración aos numerosos espectáculos de rúa que tiveron lugar durante toda a semana.

As persoas que colaboraron voluntariamente coas actividades propostas buscaban axudar nunha maior difusión da cultura, e facilitar que tódolos sectores sociais puidesen disfrutar deste gran evento, ofertando unha actividade cultural e de lecer para os veciños e veciñas de Cangas e para todos aquelas persoas que nos visitaron.

A Oficina Municipal de Voluntariado agradece a tódolos/as voluntarios/as o seu traballo que resulta fundamental para que as actividades sexan levadas a cabo con éxito, e agradece tamén a súa boa disposición e humor permanente.





Cangas colabora coas rutas de kaiak de mar 2009. Ruta sur
16.07.2009

A Concellería de Xuventude e Voluntariado volve a colaborar coa “Ruta Sur de Kaiak de Mar 09” que, ao longo de 10 días, percorrerá diversos concellos da Ría de Vigo.

Esta actividade está inscrita dentro da programación “Acción d’Verán” que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado deseña para mozos/as de 18 a 35 anos.

O vindeiro Xoves 16 de Xullo chegarán a Cangas os/as vintecinco participantes que disfrutarán da navegación recreativa en kaiak de mar en xornada de mañán para, pola tarde, asistir a diversas actividades de lecer polas localidades en tránsito.

Durante a navegación, que será realizada en embarcacións individuais e dobres, os/as participantes contarán coa asistencia dun equipo técnico formado por un director, varios/as monitores/as de actividades de tempo libre e outros/as tantos/as guías náuticos así como co apoio permanente de dúas zodiaks. Tamén, e na liña de colaboración cos diferentes concellos, as rutas contarán ca axuda das agrupacións locais de Protección Civil. Asemade, e por terra, farase un seguimento do percorrido náutico con dúas furgonetas.

O Venres 17 , a travesía continúa hacia as Illas Cíes, saíndo de porto ás 10:00h. A actividade rematará o día 22 de Xullo (Mércores) en Baiona, despois de pasar por Nigrán.





Inauguración da pista de skate de Cangas
14.07.2009

Skate

A Alcadesa, Clara Millán, e o Concelleiro de Xuventude e voluntariado, Oscar Graña, inauguraron nesta fin de semana a nova pista de Skate de Cangas.

O skatepark está formado por cinco obstáculos de formigón, realizados con material especial para minimizar o impacto sonoro derivado da utilización da pista.

O deseño deste espazo foi un traballo conxunto entre a Concellería de Xuventude e Voluntariado e os membros da Asociación Freesoul-freestyle, afeccionados á práctica do skateboard que levan tempo esperando por un lugar adecuado onde desfrutar do seu deporte.





A oficina de voluntariado colaborou coa asociación ASPAMSIM nun obradoiro de formas e cores
10.07.2009



Durante os fines de semana de xuño e o primeiro de xullo, ASPAMSIM
organizou un obradoiro de formas e cores para os seus/súas usuarios/as.
A actividade tiña uns obxectivos claros baseados no fomento das relacións
sociais do grupo, que consistían en desenvolver habilidades e destrezas
persoais, traballando a motricidade fina e a coordinación óculo-manual,
ademais de despertar e potenciar o gusto polas actividades plásticas en
tódolas e tódolos participantes.

A Oficina Municipal de Voluntariado colaborou unha vez máis con esta
asociación, aportando a axuda e boa disposición de voluntarios e
voluntarias que realizaron unha labor de apoio ao monitor e dinamización
dos/as participantes.

O resultado foi moi satisfactorio tanto para os destinatarios da actividade,
socios e socias de ASPAMSIM, como para as persoas voluntarias, que
aseguran que este tipo de actividades sociais son do máis gratificante.

A Oficina de Voluntariado agradece a colaboración de tódolas voluntarias e
voluntarios, e felic ita a ASPAMSIM polo éxito das súas actividades e polo
esforzo que realizan ao dinamizar este colectivo.





Nerga acolle a 250 participantes na primeira edición do trofeo Orientación Concello de Cangas
26.06.2009

A área Nerga-Donón foi a protagonista da primeira edición do Torneo Concello de Cangas de Orientación, que organizan o Clube de Montañeiros Pontevedra, a Asociación Galega de Clubes de Orientación e o Clube A Roelo montañeiros, coa colaboración da concellería de mocidade.

O evento, reuniu a máis de 250 participantes, cunha notable presenza de participantes non federados.

O Concelleiro de Xuventude e Voluntariado resalta o alto índice de participación, así como a variedade de categoría, que mestura nun único evento idades dispares e condicións físicas diferentes, pero todos e todas cun denominador común: o gusto pola natureza.





Presentación do mapa de orientación de Nerga-Donón
26.06.2009

A universidade de Vigo elaborou un plano de orientaci ón dos montes e sendeiros da zona de Nerga-Donón, recolendo información detallada das características do terreoe dos puntos de referencia situados neste entorno natural.

A vicerreitora da universidade, Carmen Cabezas, e o responsábel técnico da Sección Federada de Orientación do Centro Universitario e representante da Asociación Galega de Clubes de Orientación, José Luís Armada, a alcaldesa de Cangas, Clara Millán, o Concelleiro de Xuventude e Voluntariado, Oscar Graña e un representante da Asociación Recreativo-Cultural Marexada, Alberto Pita Bahamonde presentaron este proxecto o pasasdo 15 de maio.

No mapa de orientación aparecen grafiadas as líneas eléctricas, os montículos, postes, valados que sexan de pedra ou tera, alambrados, edificios de calquera tamaño e forma, ruinas, regos, fontes, charcas, pozos e varios elementos de valor patrimonial, como os castros  do monte O Facho ou os muíños de Barra.

O traballo de campo para a realización do mapa, a escala 1/7.500, foi levado a cabo mediante a participación de dous cartógrafos búlgaros, que, durante un total de 42 días, recorreron un total de seis kilómetros cadrados recollendo datos.

Este novo material, financiado pola anterior Dirección Xeral de Xuventude, será empregado pola oficina de Turismo para a realización dos múltiples roteiros de sendeirismo que se levan a cabo no entorno de Cabo Home.





Naturalmente Galiza
26.06.2009

“Naturalmente Galiza” é un programa de visitas guiadas promovido pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración coa concellería da mesma área, que dirixe o edil nacionalista Oscar Graña.

Esta actividade de ocio alternativo, permite disfrutar de diferentes actividades en Cangas a 22 mozas e mozos durante as catro fins de semana de Maio.

Descargar Presionar para ver o resto da información






Concertos - Son de Cangas 2009
"A Charanga de Lembranzas da Ría "

25.06.2009


A Charanga de Lembranzas da Ría toca o 26 de xuño no SalaSon ás 22.30 horas, no marco do Son de Cangas.

Descargar Presionar para ver información sobre el grupo






Obradoiro de iniciación á Capoeira Angolá
19.05.2009

Ven coñecer como os escravos africanos acadaron en Brasil a súa liberación!

Capoeira Capoeira Capoeira Capoeira

23 e 20 de Maio e 6 e 13 de Xuño
De 17:30h ás 19:30h

Descargar Premer para ver o programa
Descargar Premer para ver o cartel promocional


Información e inscripcións na casa da Xuventude de Cangas





Campamentos de verán 2009
19.05.2009

Descargar Máis información, premer aquí
Descargar Formulario de solicitude de praza

Campamento Albergue Rianxiño nenos/nenas de 6 a 12 anos. Do 1 ao 8 de Agosto
Campamento Abergue Lodoselo para xóvenes de 13 a 17 anos. Do 17 ao 25 de Agosto
Campamento de día nenos e nenas de 7 a 10 anos. Do 1 ao 15 de xullo
Campamento de día nenos e nenas de4 a 6 anos. Do 17 ao 31 de xullo






Casa da Xuventude
986392171
Rúa Real, 29.
xuventude@cangas.org