Carné Xove









PDF PDF Informativo sobre o Carné Xove
PDF Solicitude de CarnéXove Euro<30

Descrición

O Carné Xove euro< 30 é un documento persoal e intransferible, e ten unha vixencia de dous anos, que se contarán desde a data da súa expedición. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Non podedes esquecer que todos os descontos que figuran nesta guía non serán de aplicación en periodo de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta. A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo euro<30 identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe. A obtención do carné xove euro <30 dá dereito a un exemplar da guía de balde e a poder solicitar, no resto das comunidades autónomas e en Europa, exemplares das súas guías respectivas cando vos encontredes alí.


Vantaxes

Pódese usar naqueles establecementos e servizos que figuran na guía carné xove euro<30, que se entrega gratuitamente co carné. Este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. Pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado carné xove euro<30 xunto coa tarxeta bancaria. O seu obxectivo é facilitar aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove euro<30 está implantado. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro<30 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidan facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nos viaxes. Ademáis, entre as prestacións do carné xove euro<30 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, a través dos cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozos e mozas galegos.


Destinatarios

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive, interesados en conseguir o Carné Xove só teñen que cubrir un impreso de solicitude, presentar o DNI e pagar 6 €.

Modelo de solicitude

PDFDescarga do Impreso


ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

   Dentro encontrarás un PDF con todos os establecementos adheridos ao programa do Carné Xove na provincia de Pontevedra e poderás saber os descontos que aplica cada un deles.
  PDFEstablecementos adheridos





subir

© 2008 Concello de Cangas | Aviso Legal
Avda. de Castelao 2
| T 986300050 | T 986300162

LYc Servicios Informáticos