|

Solicitude de Información das Actividades da OMIX
Finalidade
O seu obxectivo é facilitar ós mozos e mozas de 12 a 25 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove euro<26 está implantado.
Vantaxes
Permítelle ós seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servicios que abranguen tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro<26 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidan facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nos viaxes. Ademáis, entre as prestacións do carné xove euro<26 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, a través dos cales a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado pretende fomenta-lo desenvolvemento, a mobilidde e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozos e mozas galegos.
Destinatarios
Tódolos mozos e mozas entre 12 e 25 anos, ámbolos dous inclusive.
Expedición
É preciso cubrir un impreso, presentar unha foto, o DNI e pagar 6 €. Pódese obter nos Servicios de Xuventude das Delegacións Provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nas Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela, nas oficinas municipales de información xuvenil integradas na rede galega de información e documentación xuvenil, nas oficinas de servicios integrados para a xuventude , estas últimas situadas nos sete campus das tres universidades galegas e nalgunas oficinas de Caixa Galicia.
Ámbito e cobertura
Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro<26, que se entrega gratuitamente co carné.
Validez
Este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. O dito carné podese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado carné xove euro<26 xunto coa tarxeta bancaria.

|