Ludoteca Municipal







PDF Solicitude de Inscrición para a Ludoteca

PDF Horario de Actividades


A Ludoteca dá Casa dá Xuventude parte dá necesidade de ofertar actividades lúdico-educativas para o tempo de lecer de nenas e nenos, sector social que tradicionalmente demanda e precisa deste tipo de servizo.

O proxecto apóiase nos alicerces principais educativos e de lecer actuais, onde priman a experimentación, a manipulación e o aprendizaxe con base lúdica.

Usuarios da Ludoteca

Este servizo ponse a disposición de tódalas/os nenas/os, de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, ámbolos dous incluídos, que residan no Concello de Cangas.


Inscrición

As nais/pais/titores das/os nenas e nenos interesados en asistir á ludoteca, presentarán a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude. Asimesmo, pagarase unha cota de inscrición de 30 €, que se fará efectiva no momento de entregar o formulario.

A inscrición implica o dereito de participar nas actividades ordinarias propostas por este servizo, cun máximo de 4 horas semanais, que se poderán distribuir de luns a venres.


Programación e actividades

O servizo da Ludoteca contará con actividades de carácter permanente (animación á lectura, xogos, etc), ás que poderán acceder tódalas/os usuarias/os, e outras de carácter específico (obradoiros, mediateca, animación á lectura, etc) nas que só participarán as usuarias e usuarios que se inscriban previamente para esas actividades.

Ademais destas propostas , un sábado ao mes realizaranse actividades extraordinarias que consistirán en saídas culturais, celebracións e conmemoracións de datas sinaladas ou realización de talleres lúdico- culturais. Para participar nestas actividades, as usuarias e usuarios deberán entregar unha autorización que se lles facilitará previamente, e realizar o pago de 1 euro nas saídas culturais.

Tódalas/os usuarias/os, así coma nais/pais/titores, terán acceso ao calendario e programa dá ludoteca no que se reflectirán as diferentes actividades, horario, datas e periodicidade.

As actividades coas que se inicia a andanza deste novo espazo son:
  • Animación á lectura
  • Xogos de mesa
  • Xogos de animación
  • Contacontos
  • Obradoiros
  • Exposicións
  • Mediateca
  • Xogos tradicionais
  • Creatividade
  • Expresión corporal
  • Reciclaxe




subir

© 2008 Concello de Cangas | Aviso Legal
Avda. de Castelao 2
| T 986300050 | T 986300162

LYc Servicios Informáticos